You are herecontent / VIVA O TEATRO! - GRUPO TEIROA

VIVA O TEATRO! - GRUPO TEIROA


Con motivo da celebración do “Día Mundial do Teatro”, TEIROA, o grupo de teatro do IES de MELIDE, dirixido por Marga Quintela e Carmen Nieto, organizou no pasado mes de abril a semana do teatro na que puidemos comprobar as excelentes competencias artísticas do noso alumnado.

Con TEMPUS FUGIT alumnos e alumnas de 1º de ESO quixeron compartir as súa historias con nos, historias de outra época coas que se entende o seu presente.

O alumnado de 2º ESO-C presentounos unha historia diferente da CINCENTA, coa que debemos a aprender a ter personalidade para nos caer nas fauces do lobo.

Os mais veteranos, os de BAC, representáronnos dous lances de teatro: A MIÑA APOLOXÍA de Woody Allen e AQUÍ NON PAGA NINGUÉN¡ de Darío Fo.

“O mesmo é a nosa vida ca unha comedia; non se atende a se é longa, senón a se está ben representada. Conclúea onde queiras, con tal de que poñas un bo final.” Séneca

VIVA O TEATRO!...

Etiquetas

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido