You are herecontent / SAÍDA FORMATIVA FINAL DO PROXECTO
SAÍDA FORMATIVA FINAL DO PROXECTO
Entre os días 19 e 24 de outubro, dous profesores do IES de Melide, David e Cristina, asistiron á saída formativa final do proxecto Living River, que tivo lugar en Rumanía. Neste encontro os docentes das escolas galegas, portuguesas, rumanas e turcas que participaban no proxecto amosaron os resultados das investigacións de patrimonio e bioquímicas levadas a cabo nos seus respectivos centros. Ademáis, intercambiáronse opinións sobre as limitacións atopadas ó levar a cabo o proxecto, os puntos fortes e febles... Por outra parte tamén se realizaron actividades formativas para o profesorado, dende charlas expositivas ata saídas de campo para estudar novas metodoloxías de inspección de ríos.
Baixo estas liñas atópase a presentación coa que os profesores do IES de Melide presentaron ós seus compañeiros de proxecto os resultados acadados no centro educativo.