Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

AVISO

 

 

 

 

 

 

 
         
                 
 

 

 

 

 

 

 
 
         

>> GUÍAS DE ORIENTACIÓN (despregable)

 Presentacións para o curso 2023-2024

                                                                                                              

                                                                                                         

                                                                                                          

 

 Vídeos do curso 2020-2021

 

Blogues

MINIPROGRAMACIÓN FeQ 2ºESO

No seguinte documento atoparedes o esencial sobre os contidos a impartir en FeQ de 2ºESO e o xeito de avalialos e cualificalos. Lembrade que este ano seguimos coa LOMCE en 2ºESO. 

MINIPROGRAMACIÓN QUÍMICA 2ºBAC

No seguinte documento atoparedes o esencial sobre os contidos a impartir na materia de QUÍMICA de 2ºBAC e o xeito de avalialos e cualificalos. Lembrade que este ano seguimos coa LOMCE en 2ºBAC. 

MINIPROGRAMACIÓN FÍSICA 2ºBAC

No seguinte documento atoparedes o esencial sobre os contidos a impartir na materia de FÍSICA de 2ºBAC e o xeito de avalialos e cualificalos. Lembrade que este ano seguimos coa LOMCE en 2ºBAC. 

MINIPROGRAMACIÓN FeQ 1ºBAC

No seguinte documento atoparedes o esencial sobre os contidos a impartir en 1ºBAC e o xeito de avalialos e cualificalos. Lembrade que este ano entra a LOMLOE en 1ºBAC. 

MINIPROGRAMACIÓN FeQ 4ºESO

No seguinte documento atoparedes o esencial sobre os contidos a impartir na FeQ de 4ºESO e o xeito de avalialos e cualificalos. Lembrade que este ano seguimos coa LOMCE en 4ºESO. 

MINIPROGRAMACIÓN FeQ 3ºESO

No seguinte documento atoparedes o esencial sobre os contidos a impartir na FeQ de 3ºESO e o xeito de avalialos e cualificalos. Lembrade que este ano entra a LOMLOE en 3ºESO. 

Lección inaugural: Jesús Losada

  

O responsable do terminal de GNL de Mugardos e do gasoducto de Reganosa, Jesús Losada, impartiu esta mañá a lección inaugural do curso 2022-2023 para o alumnado de bacharelato. Na súa exposición esbozou as liñas de traballo da empresa e as oportunidades de traballo e negocio a nivel mundial no sector enerxético. Entre elas as enerxías renovables como o proxecto en marcha da compañía para a produción de hidróxeno verde. 

Para todo iso, salientou a importancia da formación e o estudo para competir no mundo laboral co valor engadido de calquera capacitación, desde a aprendizaxe de linguas ata experiencias persoais. Sen esquecerse da necesidade de manter responsablemente os valores éticos e compromiso social.

Agradecemos a Jesús Losada e mais á empresa que fixo posible a súa presenza no instituto coa que damos por inaugurado un novo curso.

Entérate Mugardos

O alumnado de 1.º e 2.º ESO percorreu a vila a tarde do martes para repartir polos comercios e locais os carteis da campaña Entérate Mugardos. Trátase dunha campaña de conciencianciación e sensibilización en materia de igualdade e violencia de xénero impulsada polo Concello e na que participaron todos os centros educativos.

 

 

 

 

Excursión ao complexo acuático de Cerceda

O alumnado de 2.º ESO, acompañado dos profesores Mikel Pasabant e José Luis Mayobre,  gozou este luns dunha intensa xornada de no Aquapark de Cerceda.

Excursión fin de curso

 

Sorteo dun xamón ibérico (rifas pro-excursión fin de curso)

No sorteo do xamón ibérico celebrado no primeiro recreo do venres, 3 de xuño, resultou agraciado número 0783
adquirido pola familia Romero Castro de Mugardos. 
A gozar do magnífico pernil e o alumando de 4.º e 1.º bacharelato conseguiron
deste xeito un bo finanzamento para a excursión de fin de curso que emprenderán o vindeiro luns. Grazas á ANPA pola colaboración.

Programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis. Inscrición

 

 

O IES de Mugardos en colaboración coa ANPA O Castro acolle o programa Corresponsables da Federación Galega de Tenis. Trátase de clases de tenis completamente de balde (monitores e materiais) para os nenos e nenas menores de 16 anos. O período de actividade realizarase segundo a elección preliminar das familias entre as entidades suscritas ao programa e meses e horarios dispoñibles. No noso caso comezará no vindeiro mes de xullo polas mañás e continuará polas tardes o primeiro trimestre do vindeiro curso (tardes). O formulario de inscrición permite gran flexibilidade de elección entre horarios e meses.

 - Menores de 16 anos.

- Grupos reducidos (entre 4 e 8) formados segundo a idade e logo o nivel.

 LUGAR:

Pavillón e pista deportiva do instituto

 HORARIO:

Xullo, en días e quendas de mañá a elixir os días

Setembro, outubro e novembro: de luns a xoves en quendas de tarde a elixir os días

 INSCRICIÓN

Establécese un prazo de inscrición centralizado a través da FGTenis. Na súa páxina web está dispoñible todo o catálogo de actividades e entidades que as acollen.

 Fomulario de inscrición do IES de Mugardos

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScGY8Xv_xrz9UgXYwjLyXhS5dNpt1yHTYpdRkvznjs64Bv3MA/viewform

 

 Ademais, tamén poderíamos ter esta actividade gratuíta en varios clubs de tenis da zona, sobre todo para o mes de agosto:

  

 

 

Graduación de bacharelato. Promoción 2020-2022

A tarde do venres, 20 de maio, celebramos o acto de despedida da flamante promoción de bacharelato 2020-2022. Foi un acto emotivo para o alumnado que deixa unha fonda pegada no instituto. Parabéns ao novos bachareis que enfrontan unha nova etapa nas súas vidas. Grazas ao profesorado que os acompañou en toda a súa traxectoria escolar. Moi agredecidos ao Casino Mugardés que nos cedeu as súas instalación para compartirmos o acto cos familiares a achegados. Para todas as familias, o noso recoñecemento por confiarnos unha parte importante da educación dos seus fillos e fillas.

Exposición "Coidando o noso mar"

RECLAMACIÓNS, EXPEDICIÓN DE TÍTULO E MATRÍCULA NA ABAU

Nesta entrada acharedes información sobre tres importantes aspectos a ter en conta unha vez superada a avaliación:

  1. Procedemento de reclamación das cualificacións
  2. Expedición do título de Bacharelato
  3. Matrícula na ABAU

 

PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS

Ademais de solicitar unha revisión dagunha proba con explicacións do profesor/a, todas as cualificacións que consideres non axustadas a un dos seguintes supostos son reclamables:

E ademais poderás facer constar as observacións que consideres oportunas para que sexan tidas en conta na reclamación.

Tamén é moi importe o prazo:

  • Convocatoria ordinaria: 19 e 20 de maio (de 10:00 a 14:00 horas)

A reclamación preséntase por rexistro de secretaría cun modelo de instancia ou o seguinte formulario.

 

Máis información:

 

EXPEDICIÓN DO TÍTULO DE BACHARELATO

 En primeiro lugar, cómpre cubrir correctamento o impreso de pagamento das taxas:

As cantidades dos importes poden ser diferentes segundo a familia:

  • 54,00 xeral
  • 27,03 Familia numerosa xeral
  • 0,00 Familia numerosa especial

IMPORTANTE: o resgardo de aboamento na entidade bancaria, debidamente selado, débese entregar na oficina do instituto.
Se se alegou condición de familia numero deberase presentar tamén o Libro de Familia actualizado e unha fotocopia.

 

MATRÍCULA NA ABAU

 
PRAZO: 24 e 25 de maio

TAXAS: Efectuar o pagamento na entidade bancaria. 

IMPRESO: Cubrir o impreso de matrícula do xeito máis claro e limpo posible.
               Coidar especial atención á escritura do enderezo do correo electrónico.

Instrucións matrícula ABAU

Impreso para pre-matrícula na ABAU (presentar no instituto)
Impreso para pagamento das Taxas

 

 

 

Protocolo ABAU 2022

Modelos de exame ABAU 2022

 

Horario das probas

Lugar
Comisión Delegada 1142
Escola Universitaria Politécnica. Campus de Serantes. Ferrol

Transporte:
O instituto ofrece autobús desde Ares e Mugardos só para o primeiro día (7 de xuño)

TÁBOA PERIÓDICA DE SENTIMENTOS...

¿Quen dixo que a ciencia carece de sentimentos? aqui está a rapazada de 3ºESO para amosar o contrario...co gallo da táboa periódica que lles ten que empezar a resultar familiar propuxemos unha idea un pouco tola: ¿Por qué non resumimos o que foi o ano escolar no IES Mugardos aproveitando os símbolos químicos dos 118 elementos coñecidos? Pois alá se puxeron a combinar fotos, palabras e frases coas que quixesen retratar momentos ou sensacións importantes para eles durante este curso...e a verdade, quedou cuquiña.

Moi ben por todos...agora só queda esperar a que se publique o sentimento numero 119...perdón elemento ;-)

Maios, 2022

Este luns, 9 de maio, Mugardos voltou a recuperar a festa dos Maios impulsada pola asociación cultural Apelón Educación para os centros educativos. Logo de dous anos sen podermos baixar á vila, o alumnado deuse cita no cantón de Cora para a realización dos monumentos vexetais. No noso caso, participapamos co alumnado de 1.º ESO, que confeccionou unhas coplas, e o mais FP Básica, que se encargou da estrutura do barco floral. Ademais, axudaron aos máis cativos a colocar as flores. Para completar a festa actuou a cantautora MJ Pérez.

 

Maremagnum, abril de 2022

Dende que contamos co recurso do Abalar xa non queda tan impune o de faltar á clase. Con todo, sempre nos quedarán as expresións para cando sexa o caso, e diso en galego contamos cunhas cantas. Se ben un mugardés poida sorprenderse moito cando escoita os vigueses falar de "colgar clase", tampouco é menos sorpresa que un olívico escoite o "palmar" usual en Ferrol. Entre medias quedan o "latar" propio da costa atlántica (e de Ourense, pois sae n'Os biosbardos de Blanco Amor), o "copar" de Pontevedra ou o "fanar" de Valga. Pola súa banda, no rural o feito de "correr a escola" tiña expresións propias das actividades alternativas á asistencia lectiva: "ir/andar ós niños", "andar ás mazás", "facer a escola no camiño" ou "facer a gata". Este último animal adoito se substitúe con outros substantivos, como "facer a gatada" (ou "gatear"), "facer a mica" (ou "micar"), "facer a godalla" (ou "agodallar"), "facer as lebres" (todos estes animais, como "gata"), "facer a añagota" [DFGCCG], "facer a lata" (que é de onde procede o de "latar") e, por fin, os seus derivados "facer a latarega/latarusa". Non se pode dicir pois que en Galicia non temos experiencia no asunto, pois léxico e fraseoloxía temos abondo.

Máis información para o galego no Portal das Palabras e a análise de Pena Romay. Tamén para toda España

Este textiño vai ir ó prelo aquí.

VISITA A FORESTAL DEL ATLÁNTICO

Ás veces non somos realmente conscientes do que temos ao noso arredor e desde o punto de vista industrial é un pouco o que pasa en Mugardos. Forestal del Atlántico é unha empresa punteira dentro de Galicia e que despunta a nivel nacional. Podemos entrar no debate que sempre levan aparelladas este tipo de cousas e analizar os pros e as contras medioambientais, estéticas ou adxectivos varios. Pero o que é innegable e a cantidade que procesos físicos e químicos que se desenvolven nas súas instalacións e que están sometidos constantemente a un estricto sistema de control interno e externo para non saír nos xornáis por outros motivos que non sexan, por exemplo, por ser afortunada receptora dun proxecto a nivel europeo para financiar a produción de metanol por vías ecolóxicas (o chamado metanol verde), proxecto moi esperanzador de cara ao futuro. Se a isto lle engadimos que dispón dunha planta de coxeración de enerxía, dun laboratorio moi ben dotado para análise químico-físico, dunha parte dedicada á producción de colas moi importante na industria do taboleiro, outra que produce novolacas de uso en sanitarios (a empresa Roca é o principal destinatario), industria do automóbil...etc, que recepciona nas súas intalacións envíos marítimos como os de disolucións de sosa ao 50% da empresa Ercros e outros varios que se presten a empregar os seus pantaláns...non podíamos deixar de facer unha visita e comprobalo in situ.

Esta mañá, baixo a atencion exquisita de José Manuel Pena Salido, director do departamento de Seguridade, Medio Ambiente e Calidade e varios dos seus compañeiros ao longo de todas as instalacións, o alumnado de ciencias de 2º BAC do IES de Mugardos puido comprobar persoalmente todo o anteriormente mencionado. Parabéns a todos os responsables polas explicacións e o trato proporcionado e ao alumanado polo comportamento exemplar. 

A partir de agora cando se fale de Forestal del Atlántico na súa presenza xa poden opinar con propiedade e fundamento, que diso se trataba.

VEREDICTO DO XURADO NO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Parabéns a todos os participantes no I certame de fotografía científica no IES de Mugardos porque ao final a calidade do material presentado foi moi salientable. No arquivo que se achega atoparades o veredicto máis polo miúdo e tamén varias imaxes que cómpre salientar aínda que non puidesen conseguir o premio, pero que dun xeito ou outro lograron o obxectivo principal na fotografía, que é transmitir.

Non obstante aquí tedes os gañadores:

Alejandro Cartelle pola hipnotizante captura da irreversibilidade a través dun proceso de combustión, digno da mellores portadas do suplemento dominical.

 

E Sandra Romero polo traballo fotográfico feito nunha magnífica colección de instantáneas, entre as que salientamos este perigoso e perfecto traxe de xeo feito a medida para unha inocente planta:

 

 

Semana das Profesións (2022)

  

             

Visita a centros de Formación Profesional

O alumnado de 2.º ESO e FP Básica compartiu este martes a visita a outros centros de ensino. A saída comezou polo CIPF Ferrolterra no que recibiron explicacións sobre os diferentes ciclos que imparten alí. Na segunda parte da xornada desprazáronse ata o CFEA Sergude, un centro especialidado na familia profesional agraria.

CIPF Ferrolterra

 

CFEA Sergude

FOTOGRAFÍA CIENTÍFICA

Desta volta entre o departamento de Física e Química e o de Plástica puxemos ao alumnado de 3ºESO a buscar coas súas cámaras un novo punto de vista sobre o que acontace ao noso arredor. A ciencia, a través das súas manifestacións cotiás, envolve todas as nosas accións e ás veces somos quen de captalas e inmortalizalas. Deixamos que sexades vos os que valoredes se acadaron este obxectivo ou non. Eu coido que sí. As dúas mellores fotografías terán un pequeno agasallo como recoñecemento á súa perspicacia científica ou calidade técnica. No arquivo que se xunta podedes velas todas en detalle.

Premio concurso do entroido

O alumnado de 4.º ESO-B e FPBásica I gozaron ao longo da mañá deste martes dos seus respectivos premios no concurso de disfraces de aula do entroido. Nun caso desprazáronse ata as instalacións de Humor Amarelo na Coruña e noutro, ao Sould Park Jump de Narón. Trátase, asemande,das primeiras saídas en autobús coas que o centro pretende ir cara á normalidade das actividades complementarias e extraescolares.

Día da Poesía (21 de marzo)

Neste día facemos unha pequena escolma de poemas inspirados no mar e lembramos ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, o poeta Florencio Delgado Gurriarán.

     

Distribuir contido

Distribuir

Distribuir contido