Skip to Content

2ª AVALIACIÓN · ACLARACIÓNS E PROCEDEMENTOS

Indicacións recibidas da Consellería de Educación relativas á avaliación do segundo trimestre: 

1. A avaliación terá lugar antes do venres, 3 de abril (de maneira telemática, non presencial)

2. O profesorado avaliará tendo en conta as probas, traballos, tarefas, actividades, etec. realizadas durante o segundo trimestre ata o venres, 13 de marzo.

3. As familias recibiredes as cualificacións a través da aplicación abalarMóbil a partir do venres ás 15h.
Se aínda non dispoñedes dela, debedes descargala canto antes e comprobar nela que figurades como responsables legais das vosas fillas e fillos. + info

 

GoogleClassroom·Como funciona e como acceder

Consultade aquí o correo enviado o pasado 20 de marzo a través do Sixa ás familias.

Calquera dúbida que poida xurdir, non dubidedes en chamar (10h-14h) ou escribir ao centro.

CORONAVIRUS·Aclaracións sobre prazos e avaliacións

Ante as numerosas consultas que estamos a recibir acerca de datas de exames e avaliacións, antigos prazos de entrega de traballos, prazos de prematrículas, etc. quixeramos aclarar que:

TODOS OS PRAZOS quedan ADIADOS sen data coñecida polo momento e mentres dure o estado de alarma.

En canto retomemos a normalidade académica, e nos sexan notificadas as novas datas oficiais, estas, e as que delas deriven, serán comunicadas en tempo e forma a través desta páxina web e os outros medios á nosa disposición.

 

CORONAVIRUS·Material de traballo durante o peche do centro

Prezado alumnado e familias,

Nestas ligazóns poderedes atopar documentos que conteñen as indicacións aportadas polo profesorado. 

No momento de publicación os documentos están en branco. Estes documentos iranse actualizando diariamente coas indicacións recibidas polo profesorado. 

Pedímosvos paciencia e comprensión. Como suporedes, non é doado artellar e fabricar o material necesario con tan pouca marxe.

EN CASO DE QUE ALGÚN CÓDIGO OU LIGAZÓN NON FOSEN CORRECTOS, por favor, enviade un correo ao centro, indicando curso, grupo e materia. (Ex. 1ºA Inglés)

Un saúdo,

O profesorado do IESP A Cachada

CORONAVIRUS · (Actualización) Situación actual

Prezadas familias,

Xa de maneira oficial, estamos en condicións de transmitirvos que o centro permanecerá pechado os vindeiros 14 días a partir do luns 16 de marzo.

Estamos a organizar o sistema de envío de material e tarefas para o noso alumnado. Informarémosvos nas vindeiras horas, a través da nosa páxina web, do sistema escollido.

Se precisades poñervos en contacto co centro, podedes chamar por teléfono (881.86.67.17) en horario lectivo (de 10h a 13h) ou escribirnos un correo electrónico (ies.acachada@edu.xunta.es)

En ningún caso acudades ao centro en persoa.

Grazas pola vosa colaboración e un saúdo,

O equipo directivo

CORONAVIRUS · Situación actual

Prezadas familias,

O Goberno galego vén de anunciar á prensa a suspensión das clases en Galicia en todos os niveis educativos, como medida de prevención para evitar o contaxio polo coronavirus. 
O centro aínda non recibiu notificación oficial das medidas a tomar, aínda que podemos supoñer que han ser as recollidas polos medios de comunicación.
Tan pronto como teñamos información oficial, reflictirémola nesta páxina e a través do correo electrónico/sms directamente ás familias.

Un saúdo,

O equipo directivo

Fontes de información:

Praza pública; A voz de Galicia

Distribuir contido


by Dr. Radut