Skip to Content

Charla sobre os morcegos, 18 novembro 2020

As nosas casas son os nosos fogares, pero tamén o doutros animais que conviven co ser humano. Un veciño moi interesante é o morcego, unha orde de mamíferos placentarios  que ten unhas 1100 especies, ou sexa, o 20% do total de mamíferos. O que os fai realmente interesantes é que son os únicos mamíferos capaces de voar, o que lles permitiu espallarse por todo o mundo e adquirir un rol fundamental na polinización e dispersión de sementes. En Galicia rexistrouse a presenza de 19 das 40 especies de morcegos que viven en Europa o que fai da nosa terra un paraíso para os quirópteros europeos.

O morcego é obxecto de mitos e lendas por mor dos seus hábitos nocturnos e a ancestral incomprensión sobre como podían «ver» na escuridade, por iso cómpre educar sobre a súa natureza. 

“Achégate ós Morcegos”  foi unha charla da asociación DROSERA (Morcegos de Galicia) coa que pretendimos dar a coñecer a estes mamíferos, completos descoñecidos para a poboación. Tratáronse aspectos como a clasificación, características, distribución, alimentación, especies galegas de morcegos, e por último, algúns consellos para axudalos se nos aparecen na casa ou alpendre.

 



blog | by Dr. Radut