Durante o curso 2010-2011, O Club do Antifás artellou o proxecto Ciconi@ 2.0. Foi un proxecto no que nos achegamos á realidade das xentes que viñeron e marcharon á nosa terra ao longo dos últimos anos, empregando para esto as ferramentas dixitais:
Aprendimos a facer blogs e creamos o noso, no que fumos pendurando cada noticia que atopamos interesante e aquelo que se foi elaborando: velaiquí o blog do proxecto
Gravamos unha entrevista a María e Andrei, dous alumnos do centro que viñeron hai menos de dez anos de Rumanía. Podedes ver un resumo no vídeo "Ciconi@, o proxecto".
Coñecimos á xente de ConTacto, ONGD de Boiro que traballa con inmigrantes, na súa maioría procedentes do Magreb. Gravamos e montamos un documental coas experiencias de Habiba, muller saharaui que nos contou a súa vida nos campos de refuxiados. ("O testemuño de Habiba").
Elaboramos a páxina web de ConTacto, previa dixitalización de imaxes que nos prestaron (presentación institucional e presentación sobre Senegal) e grazas ós encontros nos que nos contaron como funciona a súa asociación.
Aprendimos sobre linguaxe fílmica e as súas ferramentas TIC (Celtx) coa docencia de Tomás Lijó, profesor da Escola Audiovisual A Farixa, de Ourense.
Grazas ó aprendido con Tomás, escribimos, gravamos e montamos o documental "Exiliados no Distrito14", onde o avó da alumna Laura Davila (Francisco Pena) conta as súas experiencias como refuxiado político en Francia, así como as de seu pai, exiliado pola guerra. Podes ver o documental aquí ó lado.
Viaxamos a Suíza (galería de imaxes), onde coñecimos:
A ONU, nunha visita guiada na que se nos falou do papel da mesma nos acontecementos históricos dos últimos ano.
ACNUR, onde un embaixador nos explicou o papel deste comisionado nas cuestións de refuxiados en Europa e África
Dous centros galegos: o de Xenebra, e o de A Roda, en Lausanne; en ambos ceamos con emigrados que nos contaron as súas experiencias
O Departamento de acollida de inmigrantes do concello de Lausanne, onde nos contaron a política actual na xestión de inmigración
A Escola de español para fillos de inmigrantes de Lausanne, onde compartimos unha clase con rapaces, a súa maioría xa nados en Lausanne
O CERN, onde nos fixeron unha visita guiada personal, por traballarmos en contacto con científicos galegos (Teresa Fonseca, Marcos Mariño)