Skip to Content

DIARIO DUNHA CORENTENA

Bos días  rapazada, 

hoxe quero transmitirvos unha mensaxe de tranquilidade. Ao mellor moitos de vos xa o sabedes polos medios de comunicación (aínda que eu non escoitei nada máis que o relativo ás probas de acceso á universidade).Pois ben,  as Comunidades Autónomas xunto co Ministerio de Educación chegaron ao consenso de manter o calendario escolar tal e como estaba.  

Sei que se especulou moito nas redes sociais, sobre todo nas que  máis vos gustan, sobre si se ía ter que repetir curso ou si vos quedábades con menos vacacións. Agora xa tendes a certeza de que nada máis lonxe da realidade.

Ademais, a Conselleira de Educación, Carmen Pomar informa que tamén se acordou  avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril. Ademais, decidiuse suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica. Carmen Pomar agradeceu o esforzo que están a facer tanto docentes como familias para manter a poboación escolar activa e contribuír así á normalidade nesta situación excepcional.

Ante esta situación, propóñovos algunhas recomendacións. Se tendes dúbidas sobre os vosos traballos anteriores compre que llas comuniquedes ao profesor ou profesora en cuestión  o antes posible. Igualmente, é moi importante que fagades as tarefas que vos mandan pois vos vai axudar moitísimo para seguir o ritmo das clases cando se reanuden. Por último, insistir que si o profesorado opta por adiantar materia, deberedes poñer en práctica un método de estudio o máis activo posible.  De aí o vídeo que vos propoño hoxe. Agardo que vos guste!!

Un aperta enoooooorme!



blog | by Dr. Radut