Skip to Content

Diario Curso Bruxelas - Día 5

O día en que nos cansamos de facer prácticas sobre hipóteses e decidimos comezar a falar das nosas experiencias reais, xa que, agora si, SOMOS CONSCIENTES DE QUE XA SOMOS CENTROS STEM.

 

 

Na primeira metade do día centrámonos en analizar como establecer Conexións coa industria e economía: fálasenos da importancia de que os proxectos teñan colaboracións co tecido económico e pídesenos que deseñemos un exemplo. A proposta do noso grupo de traballo, eu presento o proxecto Olloboi no que a interconexión con escolas, empresas e institucións é básica, e no que este centro participa activamente. Olloboi pode presentarse como práctica STE(A)M en virtude do material educativo Aprendo con Olloboi, material deseñado para que os centros puidesen desenvolver proxectos audiovisuais baseados no traballo interdisciplinar e nunha metodoloxía PBL.

O resto da mañá adícase a deseñar unha estratexia para facer dun centro unha Escola STEM e explícasenos como solicitar que o noso centro adquira o selo STEM School Label. De acordo co formulario de inscrición, o IESP A Cachada está na categoría máis alta da clasificación da European Schoolgate.



blog | by Dr. Radut