Escola de Cruceiro
RECEITA PARA ELABORAR CHULAS DE CABAZO
INGREDIENTES:
CABAZO, FARIÑA, LEITE.
ELABORACIÓN:
COCER O CABAZO EN AUGA.
PASAR POLA BATIDORA.
ENGADIR UN POUCO DE LEITE.
MESTURAR CON FARIÑA ATA QUE ESTEA ESPESO.
POÑER A SARTÉN Ó LUME CUNHA PINGA DE ACEITE.
POÑER A MASA NA SARTÉN VOLTA E VOLTA.
SERVIR CON AZUCRE.
GUSTANME MOITO AS CHULAS QUE TROUXO LAURA.SILVIA
SOMOS UNS LARPEIROS!
- APIs de Blogue
MÚSICA PARA DESPOIS DO SAMAÍN
Despois dos nervios e medos do Samaín, da gusto voltar á escola e comprobar que segue sendo un espazo de seguridade e tranquilidade para todos nós.
Hoxe Iria e Aldara viñeron tamén á escola, aínda que agora son xa chicas do instituto. Viñeron, acompañadas por Tobías ( Sarela non puido vir), cunha flauta traveseira e cun saxo soprano dispostas a ofrecernos un precioso concerto que nos fixo disfrutar da maxia da música e da alegría de sentirnos entre amigos.
Iria e Aldara demostráronnos que son boas intérpretes musicais e aínda mellores amigas. Chicas, moitas grazas e moitos bicos !!
O XEO SECO
GUSTANVOS AS VISITAS? E OS EXPERIMENTOS?
SE NOS ACOMPAÑADES NESTE HISTORIA DISFRUTAREDES CON NÓS E CON PURI ,A MAMÁ DE LAURA, DUN ASOMBROSO EXPERIMENTO ( SE O FUME QUE SAE DESTE VASO VOS DEIXA VER !)
SABEDES O QUE É O XEO SECO? NÓS NON O SABIAMOS, PERO PURI EXPLICOUNOLO AXIÑA:
" É XEO QUE EN VEZ DE FACERSE CON AUGA (COMO O DO CONXELADOR) FAISE CUN GAS Ó QUE PODEMOS CHAMAR CO2, ANHÍDRIDO CARBÓNICO OU DIÓXIDO DE CARBONO. ESTE GAS NON É OUTRO QUE O QUE EXHALAMOS NÓS Ó RESPIRAR E O QUE ABSORBEN AS PLANTAS PARA REALIZAR A SÚA RESPIRACIÓN. O XEO QUE SE FAI CON ESTE GAS ESTÁ MOITÍSIMO MÁIS FRÍO QUE O QUE SE FAI A PARTIR DUN LÍQUIDO, TANTO QUE SE NON TEMOS COIDADO PÓDENOS QUEIMAR OS DEDOS Ó COLLELO "
NÓS QUEDAMOS ASOMBRADÍSIMOS Ó ESCOITAR ESTA EXPLICACIÓN, PERO MOITO MÁIS AINDA CANDO OBSERVAMOS QUE Ó ENTRAR EN CONTACTO CO LUME ( DENTRO DA CABAZA ) OU COA AUGA ( DENTRO DO VASO ) O XEO SECO NON DEIXABA DE BOTAR FUME E MÁIS FUME.
PURI EXPLICOUNOS ADEMAIS QUE O XEO SECO PÓDESE EMPREGAR PARA CONXELAR MOSTRAS NOS LABORATORIOS ( COMO NO QUE TRABALLA ELA ) OU PARA MONTAR UNHA FUMAREDA NO PALCO DUNHA ORQUESTRA
NOITE DE CABAZOS
ALGUÉN SABE ALGO SOBRE LIMÓNS CON DEDOS ?
Hai uns días Andrea trouxo á escola algo ben raro nas súas mans:
- " Parece un polbo " ( ou unha medusa ), dixemos. Pero vimos que non era.
- " Parece o gorro dun trasno ", dixemos tamén. Pero a pesar de que estabamos todos ben guapos se o puñamos enriba da cabeza, comprobamos axiña que aquilo non podía ser un sombreiro.
- " Ten un anaco de póla con algunha espiña, varias follas e un inmeeeeeeeenso arrecendo a limón ! ", fomos quen de observar.
Pois si. Aquilo ben podería ser un estraño limón con dedos ou patas, tal como lle dixeran ó pai de Andrea.
Pero... alguén de vós sabe algo sobre limóns con dedos?
LECCIÓN DE ORTOGRAFÍA PARA OS MAIORES
MIGUEL é un novo alumno do C.R.A. de Rianxo. Ten tres anos e está escolarizado na Escola de Cruceiro. Durante estes días escoitou moitas veces de Paula, de min e doutras profesoras o importante que é "portarse ben" ( saber compartir, estar tranquilo, escoitar o que nos din os demais...).
YAIZA ten cinco anos e empezou en setembro o seu derradeiro curso no C.R.A. Como ós seus compañeiros de aula, gústalle moito vestirse coas roupas e complementos que temos no armario. Hoxe decidiu poñer un colar e unha elegante capa vermella reberetada con fitas douradas.
Yaiza está no patio á miña beira e acércasenos Miguel.
- E voa? E voa?. Pregúntame Miguel sinalando a Yaiza.
Eu entendinlle:" É boa ? É boa ? ", e totalmente convencida contéstolle:
- Si, é boa ! Yaiza é moi boa ! e remato dándolle á nena un aloumiño.
Pero Miguel insiste, esta vez sinalando a capa:
- E voa? E voa ?
E, xa tendo claro que non debo confundir "voa" con "boa", nin " e " con "é ", respondinlle por fin:
- Pois non, non voa !!
Hata a prosima lecion, hamigos !!
Cáspistas ! Non sei se na despedida terei algún erro ortográfico. Se vedes algún, nos deixedes de correxirmo!
Un bico. Sol ( profe de Cruceiro )
ONDIÑAS VEÑEN E VAN...
NA FESTA DA GUADALUPE HABIA MOITAS BENGALAS NO CAMPO DE ARRIBA E NO DE ABAIXO.
OS NENOS E AS NENAS FUMOS AS COLCHONETAS , O DRAGON E OS COCHITOS.
NA ESCOLA CANTAMOS A RIANXEIRA:
ONDIÑAS VEÑEN E VAN......!!!!!
JORGE, RUBEN, DESI, IRENE, ANDREA E TODOS NOS
UN BO EQUIPO DE TRABALLO
AGORA QUE ESTÁ A REMATAR O CURSO QUEREMOS AMOSARVOS PARTE DO EQUIPO DE TRABALLO DA AULA DOS " MAIORES ".
DURANTE ESTES DOUS ANOS ESTIVERON OFRECÉNDONOS TODO O SEU APOIO EN TODO CANTO SE LLE PEDIU E MÁIS.
POR ESO, E PORQUE SON OS NOSOS PAPIS, MAMIS, AVÓS,TÍOS,...QUEREMOS
MANDARLLES UN
BICO
MOI GRANDE
IVÁN, LÍA, EVA, JOEL, ALEX, TANIA, LAURA, YAIZA, DESI, IRENE E SOL.
XUÑO DE 2008.
FIN.
ESTUDANTES DE ZOOLOXÍA
Unha boa biblioteca a disposición dos estudantes sempre facilita o traballo.
Por eso, na escola do Cruceiro, nestes días nos que estamos a estudar os animais, procuramos que a nosa biblioteca nos proporcione os libros adecuados para complementar o noso traballo:
o que aprendemos observando, analizando e escoitando, comprobámolo e ampliámolo despois nalgún dos nosos libros.
Mirade, como exemplo, o que fixemos coa egagrópila que trouxo Lía da casa da madriña:
escoitamos o que Lía nos contou, abrimos a egagrópila e clasificamos o seu contido e consultamos a información que viña nos libros.
Que non sabedes o que é unha egagrópila ?
Pois, observade as fotos e lede a información...
( " Las lechuzas tragan enteras pequeñas aves y otros animales, vomitando después el pelo, plumas y huesos en una especie de pelotita llamada egagrópila" La senda de la naturaleza. Pájaros. SM Ediciones.)
Iván, Lía, Eva, Joel, Alex, Tania, Laura, Yaiza, Desi, Irene e Sol.
- APIs de Blogue
ANIMAIS
TÓDOLOS ANOS ADICAMOS ALGUNHAS SEMANAS DE TRABALLO NA ESCOLA A OBSERVAR E ESTUDAR ÓS ANIMAIS. NESTE CURSO FOMOLO DEIXANDO PARA ESTAS DATAS FINAIS E, AÍNDA QUE XA TIVERAMOS ALGUNHA SESIÓN DE OBSERVACIÓN E INVESTIGACIÓN, NESTES DÍAS TIVEMOS O PLACER DE RECIBIR NAS AULAS ALGÚNS EXEMPLARES DE MAMÍFEROS, PEIXES, RÉPTILES, AVES, INSECTOS E ARÁCNIDOS( ADEMÁIS DAS MOSCAS, POLILLAS, FORMIGAS E ARAÑAS QUE NOS ACOMPAÑAN GRAN PARTE DO CURSO )
QUEREDES VER ALGÚNS DELES?. OLLADE...
ADEMÁIS DE APRENDER POR NÓS MESMOS (OBSERVANDO, INVESTIGANDO,ESCOITANDO, PREGUNTANDONOS E RESPONDENDO), TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COAS EXPLICACIÓNS DA MAMÁ DE SELENIA, VANESA. GRAZAS!! |
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 72
- 73
- 74
- 75
- 76
- 77
- 78
- 79
- 80
- seguinte ›
- última »