ALGUÉN SABE ALGO SOBRE LIMÓNS CON DEDOS ?

Hai uns días Andrea trouxo á escola algo ben raro nas súas mans:

- " Parece un polbo " ( ou unha medusa ), dixemos. Pero vimos que non era.

- " Parece o gorro dun trasno ", dixemos tamén. Pero a pesar de que estabamos todos ben guapos se o puñamos enriba da cabeza, comprobamos axiña que aquilo non podía ser un sombreiro.

- " Ten un anaco de póla con algunha espiña, varias follas e un inmeeeeeeeenso arrecendo a limón ! ", fomos quen de observar.

Pois si. Aquilo ben podería ser un estraño limón con dedos ou patas, tal como lle dixeran ó pai de Andrea.

Pero... alguén de vós sabe algo sobre limóns con dedos?

O LIMON DE DEDOS

HOLA NENOS SON A NAI DE ANDREA DE NOVO. O OUTRO DIA MENTRAS MIRABA AS NOTICIAS DE ANTENA 3 VIN COMO FALABAN DO LIMON DE DEDOS QUE VOS LEVOU ANDREA. NA TELE CHAMARONLLE DEDOS DE BUDA PERO MIRANDO EN INTERNET ENCONTREINO COMO "MANO DE BUDA" E VIN DUAS FOTOS IGUALES O QUE VOS VISTEDES E POÑIA QUE E UN LIMON PRIMO DE TERCEIRA OU CUARTA COS QUE NOS COÑECEMOS E QUE VEU DE ORIENTE UN BICO E APRENDEDE MOITO.

GUSTOUNOS MOITO O

GUSTOUNOS MOITO O COMENTARIO QUE NOS MANDACHES.Irene

GUSTANOS O LIMON E   AGORA NOS TAMEN O ATOPAMOS EN INTERNET.SILVIA

MAMA QUEROCHE MOITO.ANDREA

o limon de dedos

Son a nai de Andrea. Este limón tan raro que vedes veu de Rois deullo un compañeiro de traballo do pai de Andrea, o limoeiro e igual os que nos temos na casa en cambio os limons que da son todos como o que vedes na foto. Se algún dia voltamos ir por aló e me acordo a ver si lle quito unha foto a todo o limoeiro para que o vexades, e creo que tamen hai algunha outra cousa un tanto rara ou especial e habemos traelas para que todos as coñezades. Encantame ver o que tedes colgado no portal porque facedes moitas cousas que moitos pais nunca vimos facer. Un bico moi grande e seguide sendo BOSSSSSS.

O LIMÓN

ÓS NENOS E NENAS DE PAZO PARECENOS UN LIMÓN EXTRATERRESTRE. BRAIS

A MIN PARECEME UNHA PLANTA. MARTÍN

Os limóns con dedos

Observando a foto tan fermosa de Andrea co seu xersei laranxa e o sorriso tan grande, e o limón que ten na man, case me chega a mín o arrecendo a limón.

Máis a que ole o limón?, a que se parece o arrecendo do limón?

Ao arrecendo do pan que sae do forno?

Ao arrecendo do arroz con leite?

Ou ao arrecendo do mar?

Dos dedos do limón, non sei que decirvos,

por certo cantos dedos ten?

e os dedos eses teñen unllas?

están ben limpiños?

Imaxino que sí, senón Andrea non deixaría entrar na escola un limón coas unllas largas e cos dedos lixentos.

Un saudo e un bico tan grande coma  os dedos do limón de Andrea todos xuntos.

Tobías