LECCIÓN DE ORTOGRAFÍA PARA OS MAIORES

MIGUEL é un novo alumno do C.R.A. de Rianxo. Ten tres anos e está escolarizado na Escola de Cruceiro. Durante estes días escoitou moitas veces de Paula, de min e  doutras profesoras o importante que é "portarse ben"  ( saber compartir, estar tranquilo, escoitar o que nos din os demais...).

YAIZA ten cinco anos e empezou en setembro o seu derradeiro curso no C.R.A. Como ós seus compañeiros de aula, gústalle moito vestirse coas roupas e complementos que temos no armario. Hoxe decidiu poñer un colar e unha elegante capa vermella reberetada con fitas douradas.

Yaiza está no patio á miña beira e acércasenos Miguel.

- E voa? E voa?. Pregúntame Miguel sinalando a Yaiza.

Eu entendinlle:" É boa ? É boa ? ", e totalmente convencida contéstolle:

- Si, é boa ! Yaiza é moi boa ! e remato dándolle á nena un aloumiño.

Pero Miguel insiste, esta vez sinalando a capa:

- E voa? E voa ?

E, xa tendo claro que non debo confundir "voa" con "boa", nin " e " con "é ", respondinlle por fin:

- Pois non, non voa !!

Hata a prosima lecion, hamigos !!

Cáspistas ! Non sei se na despedida terei algún erro ortográfico. Se vedes algún, nos deixedes de correxirmo!

Un bico. Sol ( profe de Cruceiro )

Boa e Voa

Gustaríanos moito que nos aceptárades como alumnas da Escola de Cruceiro, pois, como adultas, tamén nós temos con frecuencia dificultades para distinguir o uso do "b" e do "v". Grazas a Miguel puidemos ser un chisco máis concientes das dificultades do uso da lingua.
Bicos para todos, incluida Isa
Lourdes, Helena, Adriana

hola

querida sol

estou mui contententa de poder seguir de novo a evolucion da miña querida yaiza pero teño unha dubida,xa esta en primaria non??unha aperta a todos e ata pronto
isa.l.b

p.d:intentei facer unha cuenta de usuario e non fun capaz non me deixa...:D

Saúdos das nenas e nenos.

OLA ISA. GUSTOUME MOITO XOGAR CONTIGO NO VERAN.QUEROTE MOITO. Yaiza

P0R FAVOR CONTAN0S C0MO E SUIZA. ANDREA

OLA. GUSTANOS QUE NOS ESCRIBAS.Desi

YAIZA  PORTASE BEN  NA  ESCOLA E NOS TAMEN. Laura

UN BICO DE TODOS NÓS. Sol

Que inmensa alegría!!

Isa, alegroume enormemente atopar de novo un comentario teu no noso portal.

Hoxe Yaiza non veu á escola, espero que se incorpore xa mañá e que ela mesma poda saudarche, como seguro que ha de querer facer tamén algún dos seus compañeiros.

Como sabes,Yaiza ten cinco anos. Ata febreiro do 2009 non vai cumplir os seis. É por iso que está escolarizada en terceiro curso de Educación Infantil, que é unha etapa previa á Educación Primaria, etapa na que en España empeza a educación obrigatoria.

Se en algún momento poideras, gustaríame que viñeses visitar a nosa escola. Nun edificio de pedra construído polos emigrantes en Buenos Aires no ano 1929 convivimos e aprendemos a diario vintesete nenos e nenas de tres, catro e cinco anos, dúas  profes titoras, un bo equipo de profesoras especialistas e, como xa puideches ver, unha morea de pais, nais, avós, irmáns...que saben que a súa participación nos proxectos da escola é fundamental para a educación destes pequenos.

Isa, agora os meus alumnos están rematando a sesión de inglés con Ana. Teño xa que me despedir. Un bicazo e ata mañá!

Sol.

hola de novo

pois si que me gustaria visitar a escola de Rianxo,pero cada ano que volto a España de vacacions no vran pois a escola esta pechada...incluso este ano estuben en Rianxo-Taragoña,e gustame moito,sobre todo o karaoke jejeje.
como vin que os rapaces estan ilusionados coa idea de coñecer suiza,gustariame mandarvos unhas fotos,para que viran donde vivo estou convencida que lle van a gustar.pois con isto mandovos un bico a todos e cada un dos nenos e nenas que estan na escola e sobre todo a miña pequena yaiza que lle quero moitisimo.un saudo e unha aperta a todo o profesorado de isa.l.b

p.d:as fotos enviovolas por correo o email que vin na paxina,e unha foto miña pa que sepades quen son.

hola

hola de novo,escribo outra vez porque non me deixa enviar as fotos,gustariame si me podes dar un email pa enviar.. isa.l.b

Desculpas por unha resposta tan tardía

Isa, tes que me desculpar por tardar tanto en contestar o teu último comentario.

A principios de curso o traballo na escola vai algo lento, e na casa parece que vai demasiado rápido. Non son moitos os momentos que atopo para atender o portal. Ademais, quería consultar cos compañeiros de traballo as posibles solucións ó problema que nos plantexas de non poder enviar fotos. O máis apropiado polo de agora pareceunos crear unha conta de correo propia da escola, ...e niso estamos. Tan pronto teña un enderezo que che dar, volverei a escribirche.

Unha aperta. Sol  

hola

querida sol,nenos e nenas da aula:

eu tamen estiben moi ocupada este tempo,espero que esteades ben todos,pois mentres me buscas a solucion douche o meu email por si o necesitas;isalojo@hotmail.com

unha aperta a tod@s e un bico moi grande pa miña pequena.

isa.l.b

UNHA VENTÁ ABERTA A SUIZA

Ola, Isa.

Verás que nesta mensaxe mandámosche algo máis que saúdos.

Despois de esperar (sen resultado ) un tempo por un enderezo electrónico que creiamos nos podía facilitar a Consellería de Educación, temos por fin un enderezo propio da escola para ofrecerche a ti e a todos os que queirades entrar no noso portal con algo máis que palabras, abrindo pequenas ventás aos mundos que nos queirades amosar.

A nova conta de correo xestionáronola amablemente Lourdes, Adriana e Helena, tres " viaxeiras " da Universidade de Santiago que, dende fai xa unha chea de meses, nos visitan cada quince días en Rianxo e nos animan a embarcarnos en distintos proxectos relacionados coas chamadas novas tecnoloxías (son elas as que che mandan un saúdo nun dos comentarios desta historia de " bes " e " uves " ).

Toma nota, pois, do noso enderezo. Nós esperaremos con ilusión a chegada das imaxes que nos poidas enviar. Un bicazo !

cruceiro@pietic.usc.es

MÁIS ATRANCOS

Isa, reunímonos hoxe coas tres compañeiras da Universidade e comunicáronnos que hai problemas coa conta de correo que che notifiquei hai uns días ( parece que ten dificultades para recibir correo externo á universidade ). Cando se solventen os atrancos terás novas nosas.

Unha aperta. Sol