Escola de Cruceiro

GRAZAS,GARCÍA TEIJEIRO !!!

" PARA O C.R.A. DE RIANXO,CON MOITO AGARIMO, PORQUE A POESÍA VIVE NAS SÚAS AULAS E FAI FELICES ÓS NENOS E NENAS. BICOS E ALOUMIÑOS." ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

 

CESAR E MAIS EU ESTIVEMOS NA BIBLI0TECA  E  GUSTOUNOS MOITO.Irene

ANTONIO TROUXO O RATO QUE ESTA NAMORADO DA LUA.Lia

CONTOUNOS COUSAS MOI  BONITAS.Tania

DIXENLLE 1 POESIA MOI BONITA E ANTONIO COLLEUME NO COLO.Alex

LEUNOS POEMAS E ESCRIBIUNOS ADICATORIAS NOS NOSOS LIBROS.Eva

ESTE SÁBADO PAPÁS, MAMÁS E NENAS E NENOS DO C.R.A. ACOMPAÑARON A GARCÍA TEIJEIRO NA VISITA QUE REALIZOU A RIANXO. HOXE NA ESCOLA GUSTOUNOS ESCOITAR TODO O QUE NOS CONTARON. E FÍXONOS MOI FELICES LER TÓDALAS ADICATORIAS TAN FERMOSAS QUE NOS ENVIOU O POETA.

ANTONIO, GRAZAS POR DARNOS TANTOS AGARIMOS, ALOUMIÑOS E POR ANIMARNOS A SEGUIR FACENDO POEMAS COS VENTOS!!

POEMAS NO TEU CORAZÓN

ESTES  DIAS ESTAMOS LENDO MOITOS POEMAS.Tania

QUEREMOS RECOMENDARVOS 1 POEMA DE GARCIA TEIJEIRO.Alex

POEMA DA 

POEMA DO

POEMAS POEMAS

NO TEU

                           Irene, Desi, Lia, Ivan, Yaiza, Laura, Joel, Eva  e Sol

LEMBRADE QUE ESTE SÁBADO ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL. ANIMÁDEVOS A ACOMPAÑALO E APROVEITADE ESTES DÍAS PARA LER NA CASA E NA ESCOLA ALGÚN DOS SEUS POEMAS.

TRABALLAMOS POLA NATUREZA.

NA ESCOLA DE CRUCEIRO TRABALLAMOS MOITO CA NATUREZA. Tania.5 anos.

COIADAMOS MOI BEN AS PLANTAS. PLANTAM0LAS E REGAMOLAS.Laura.5 anos.

SEPARAMOS TODO O LIXO.Lia,5 anos.

BOTAMOS O PAPEL A RECICLAR.Desi,4 anos.

BOTAMOS OS REST0S DA FROITA  NO COMP0STEIRO.Irene,4 anos.

FACEMOS O TALLER DE RECICLAXE.Eva,5 anos

VIXIAMOS QUE NON HAXA LIXO NO PATIO.Joel,5 anos

Traballar con Voz Natura coidando e aprendendo da natureza é doado. Jose Antonio visítanos, transmítenos o seu entusiasmo e anímanos a seguir e nós facemos o que xa tan ben sabemos facer: separamos o lixo, elabormos abono, contribuímos ó reciclaxe dos plásticos, papel de aluminio e papel e cartón, renovamos o xardín, coidamos das plantas, observamos os cambios na natureza e reutilizamos un montón de envases e outro material no noso obradoiro semanal. Fai xa algúns meses realizamos un " documental " onde explicabamos todo o que facemos na escola para coidar a natureza. Gustaríanos podérvolo amosar algún día neste portal.

                           

  

   

Ademáis, este curso visitáronnos dúas monitoras do Concello de Rianxo. Faláronnos dos " tres erres " ( reducir, reciclar e reutilizar ) e representaron un conto que nos fixo sentir pena e preocupación ó principio, cando os contedores de lixo enfermaban por ter todo misturado, e moita alegría ó final cando a súa amiga foi quen de aprenderlle á xente a separar o lixo nos distintos contedores. Tamén nos aprenderon a convertir botellíns de auga nunhas estupendas maracas e non puidemos rematar a sesión de outro xeito: bailamos e tocamos ó ritmo dunha alegre peza musical!.

  

  

A PIZARRA DIXITAL NA AULA DE 3 ANOS DA ESCOLA DE CRUCEIRO

Desde comezo de curso os nenos e nenas de 3 anos víamos colgada na aula do Ordenador algo parecido ás nosas pizarras verdes, pero de cor branca e coa que tiñamos que ter coidado. Non sabíamos o que era nin para que se podía utilizar.

O último día que Pablo pasou na escola estivo connosco e ensinounos a usala, debuxamos todos nela, descubrimos que era moi divertido usala e tamén como se chamaba, era a pizarra dixital.

Esta foi a nosa primeira creación, esperamos que vos guste:

Somos nos, os nenos e nenas de tres anos da escola de Cruceiro: Pati, Borja, Rubén, Selenia, Aitor, César, Andrea, Silvia e Jorge

INVASIÓN DE RATOS EN HAMELÍN

O ALCALDE DA FAMOSA CIDADE DE HAMELÍN APROVEITA MENTRES NON CHEGA O "ENCANTADOR " FLAUTISTA PARA FACERSE AMIGO DUNS SIMPÁTICOS RATIÑOS QUE INVADIRON A SÚA CASA.

 

ÚLTIMAS NOTICIAS: ESCOITANSE XA ÁS AFORAS DA VILA OS SONS DUNHA FLAUTA. PARECE QUE SE ACERCA O FLAUTISTA SEGUIDO POR UN NÚMERO INDETERMINADO DE RATOS. SEGUIREMOS INFORMANDO

A PIZARRA DIXITAL

PABLO E LORENA AXUDARONNOS A TRABALLAR COA PIZARRA.

LORENA E MOI DIVERTIDA.

GUSTOUNOS MOITO.

DESI, IRENE E IVAN. 4 e 5 anos.

HUM, QUE RICO !

HUM, QUE RICO !

( dicía Cocorico )

Mentres estivo Pablo con nós na escola puidemos investigar varios temas, pero un dos que máis nos gustou ( hum, que rico ! ) foi o dos alimentos.

Aprender sobre os alimentos alimenta un montón o cerebro pero se ademáis os podes comer, estás alimentando todo o corpo. E como nós queremos coidarnos ben, fixemos as dúas cousas : aprendemos e comemos ( e convidamos que tamén nos gusta compartir.

Descubrimos que os alimentos poden proceder das plantas ou dos animais; pódense consumir crus ou cociñados; mercámolos ou producímolos nas nosas casas; podémolos agrupar en distintos conxuntos ( lácteos, cereais,... ).

Lembramos normas de saúde e hixiene; nomes relacionados cos alimentos e os útiles da cociña,...

A prendemos vendo e facendo que é un bodegón; pintamos con mazás e pementos, con café e colorantes alimentarios...

Fixemos unha chea de cousas, pero o que mellor nos saiu foi preparar uns deliciosos zumes de laranxa, cenoria e mazá e un completo menú para un xantar

Os zumes tomámolos a media mañá e convidamos ós nosos compañeiros da aula de tres anos. Facer os zumes de laranxa foi divertido, pero utilizar a licuadora para espremerlle o zume ás cenorias e ás mazás resultou emocionante !

                        

Organizar o xantar foi un pouco máis complicado e levounos tres días. Queríamos convidar ós papás e as mamás e tiñamos que ter todo ben planificado.

Empezamos por decidir o menú ( entrantes de queixo, ensalada de pasta e amorodos con iogur ). Tivemos tamén que elaborar unha lista da compra, e como non, as invitacións para o xantar.

O segundo día fomos mercar todo o que precisabamos, pero coma as chicas que traballan no súper son tan amables, aprendéronnos tamén unha chea de cousas mentres nos ían explicando todo o que viamos.

                         

                          

E chegou o terceiro día. Elaboramos os tres platos, preparamos as mesas, recibimos as nosas convidadas ( non nos acompañou ningún papá, pero si viñeron mamás, unha avoa e unha irmá ), servimos o xantar e disfrutamos do noso traballo, da comida e da compañía.

E...PICOTÍ, PICOTÁ

COMÉMOLO TODO

UN POUCO NÓS

E OUTRO POUCO

AS NOSAS MAMÁS

IVÁN, LÍA,EVA, JOEL, ALEX, TANIA, LAURA, YAIZA, DESI, IRENE,PABLO E SOL

( Case se nos esquece: grazas a Carmen María e a Charo por vir a falarnos dos seus oficios, relacionados coa alimentación ! )

SAÍDA Á RIANXO

OS NENOS DE CRUCEIRO MAÑA IMOS A RIANXO.Laura.5 anos.

IMOS A BIBLIOTECA E O MUSEO DO MAR. Irene. 4 anos

NA ESCOLA ESTAMOS INVESTIGANDO OS OFICIOS.Tania.5 anos

O MEU AVO VEU A ESCOLA A CONTARNOS A HISTORIA DE CANDO ERA PEQUENO. Eva.5 anos.

ESTAMOS COMPARANDO OS 0FICIOS DE ANTES E DE AGORA. Alex.5 anos.

MAÑAN IMOS SEGUIR INVESTIGANDO. Joel.5 anos.

XA VOS CONTAREMOS MAIS OUTRO DIA. Lia. 5 anos

 

O estudo dos oficios desenvolvido na aula o curso pasado complementouse este ano realizando unha recompilación máis exhaustiva de datos relacionados cos oficios dos pais e nais.

A visita dun avó nos ofreceu ademáis un novo tema de investigación. Ó contarnos como era a vida en Rianxo e Taragoña cando él era novo, decatámonos de que moitos dos oficios que teñen os nosos pais non existían daquela, e outros que eran frecuentes naqueles tempos case desapareceron na actualidade.( CHE, GRAZAS POLA TÚA CONVERSA ).

Estivemos tamén a ver imaxes antigas de Rianxo e descubrimos distintos aspectos da vida na vila fai 50 ou 60 anos.

A visita ó Museo do Mar aportounos aínda máis información sobre como se realizaban distintos oficios relacionados co mar.

Sol Beiroa.

A HISTORIA DE PACO PACOLO

XESTACIÓN DUNHA HISTORIA DE MONECAS DE MILLO

Iniciado o curso 07-08, a aula de 5-4 anos da escola de Cruceiro empeza a recoller as aportacións que van realizando os pais e que nos van permitir manter longas conversas e lembrar e aprender tantas cousas.

Á escola van chegando uvas, castañas, ourizos, figos,... e unha boa variedade de mazarocas de millo.

Nunha das conversas mantidas en torno ó millo, lembramos o divertido xogo de levantar castelos cos carozos, que tanto nos gustou aprender dos avós o curso pasado, e volvemos falar das monecas que tamén antigamente se lles facían ós pequenos da casa aproveitando a mazaroca, as barbas e o casulo do millo.

O interese dos nenos da aula é enorme, de tal xeito que queren ter unha moneca para eles ( o curso pasado, 4-3 anos, o tema sen embargo pasara case desapercibido ). Aproveitando as barbas e o casulo dunha mazaroca, improvisamos unha moneca, arrolámola no noso colo ( “ a miña nena pequena, heina de levar á escola...” ) e comprometémonos a preguntarlle ás avoas se de pequenas elas tamén xogaban coas monecas de millo e se saberían facer unha para nós.

Ó longo de varios días sorprendémonos, rimos e xogamos con distintos tipos de monecas que nos van facendo as avoas e os papás. E todas as monecas, todas, queren que lle poñamos nome ( María, Carolina, Lucía, Juanita,...) e que as arrolemos con agarimo no colo.

Unha mañá, despois da sesión de biblioteca, pregúntolles ós nenos se queren inventar un conto coas monecas de millo. Non o dubidan, como tampouco dubidan o feito de escoller como protagonista ó único exemplar masculino das monecas : será a historia de Paco.

- Paco...que?

- Paco Papán. Di un neno.

- Non, Paco Papán é o protagonista dun conto que xa existe. Ten que ser outro Paco.

- Paco Pacolo !!

- Ben, e...que lle pasou a Paco Pacolo ?

... E vai xurdindo a historia de Paco Pacolo quen, de tódolos amigos posibles, atopou primeiro a Juanita.

- Meu pai cántame: “ Juanita banana, mexa na cama...”.

E a cantiga que o pai canta entra na historia de Paco Pacolo, como entran algúns dos xogos populares cos que tanto nos divertiamos o curso pasado, e entran a noite e a treboada que nos lembran o seguro que podemos sentirnos na nosa casa, e, como non, entran tódolos colos nos que arrolamos as nosas monecas de millo.

“ E aquí acaba a historia de Paco Pacolo que cando ía para casa ía cantando:

Paco Pacolo, vai para o colo !

Porque a súa mamá ía durmilo no seu coliño ”.

Sol Beiroa.

 

HISTORIA DE PACO PACOLO

Érase unha vez unha mazaroca de millo que se chamaba Paco Pacolo.

Paco Pacolo quería xogar con amigos. Un día atopouse con Juanita e xogaron moito ó " pilla-pilla ", e despois foron dar un paseo. Mentras camiñaban ían cantando :

" Juanita banana,

mexa na cama "

 

Paseando atopáronse con Lucía, que estaba peiteada cunhas trenzas longas. Xogaron ás " escondidas " e despois foron pasear. Mentres camiñaban ían cantando :

" Lucía, Lucía,

mexa de día "

 

Camiñando, atopáronse con María, que estaba peiteada cunhas trenzas máis curtas. Xogaron moito ó " gato que pilla ó rato ". Despois foron pasear e ían cantando :

" María, María,

xoga de día "

 

Atopáronse cunha nova amiga, Carolina, e xogaron moito á " roda-roda ". Cando foron pasear ían cantando:

" Carolina, Carolina,

vai á piscina "

 

Atopáronse con Pepa e xogaron á " pita cega ". Pero a Pepa non lle cantaron nada porque era moi tarde e había que marchar, xa era de noite e empezaba unha treboada.

E aquí acaba a historia de Paco Pacolo que cando ía para casa cantaba:

" Paco Pacolo

vai para o colo "

...porque a súa mamá ía durmilo no seu coliño.

 

Aula de 5 e 4 anos.

 

 

...e se este conto vos gustou non vos perdades...

 

" HISTORIA DE PACO PACOLO. A PELÍCULA "

PRÓXIMAMEMTE NOS MELLORES PORTAIS EDUCATIVOS

OS RUMANOS SON OS HABITANTES DE RUMANÍA

Hai uns días, María, a profe de Cuvide colgou no portal as reflexións xurdidas a partir dos comentarios dalgúns nenos da aula sobre os rumanos.
Na escola de Cruceiro, aula de 5 e 4 anos, levamos falando todo o que vai de curso dos rumanos. Pola información que traían algúns nenos, ó principio semellaba que os rumanos son xente mala, que ata poden chegar a roubar nenos. Pero parecíanos un pouco raro e decidimos investigar.
Así, descubrimos que os rumanos son xente que naceu en Rumanía, que é un país non moi lonxano ó noso,onde hai unhas fermosas paisaxes, a xente viste roupa similar á nosa
( ata hai roupa parecida á que usamos nós para bailar, tocar a pandeireta e a gaita )e teñen unha música...!! Se escoitades algunhas das súas pezas musicais seguro que vos sentides tan alegres que vos dan ganas de bailar. Escoitade, escoitade...
Tamén lembramos que en Taragoña, en Rianxo, en Santiago, en Madrid,... hai algunha xente
" mala " ( coma a que nos roubou o ordenador da escola ), pero só unha pouca. Case todos intentamos ser agradables, compartir e axudar ós demais. En Rumanía tamén sucede así. E os rumanos non son máis que xente nacida en Rumanía.
Asinado: aula dos " maiores " e Sol.

Distribuir contido