Club "Amigas e amigos de Daniel"

NA CASA DA MATANZA

"CORRE O VENTO, O RÍO PASA.

CORREN NUBES, NUBES CORREN

CAMIÑO DA MIÑA CASA"

DANIEL, MÚSICA E ROSALÍA, QUE REGALÍA!

NO SEGUNDO TRIMESTRE TIVEMOS A SORTE DE RECIBIR OUTRA INVITACIÓN DE DANIEL PARA VISITAR A NOSA QUERIDA BIBLIOTECA. 

ALÍ AGARDÁBANOS UN FEIXE DE MAXIA E LEDICIA COMO SEMPRE! DENDE ROSALÍA EN TÍTERE, ATA A MÚSICA ENGAIOLADORA DA PROFE CRIS E A SÚA FRAUTA. UNHA VIAXE COA NEGRA SOMBRA DA PROFE PATRI A TRAVÉS DA CASA DA MATANZA.

O PROFE RUBÉN TAMÉN PUXO UNHA MOREA DE NOTAS MUSICAIS PARA FACER DESTA VISITA UNHA MARABILLA CARGADA DE MÚSICA, POEMAS E BOAS LECTURAS COMO SEMPRE.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN DIVERTIDO VÍDEO DO NOSO PASO POLA BIBLIOTECA DAS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL.

DESEXAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO NOS GUSTOU A NÓS A VISITA!

E MOITAS GRAZAS @S NOS@S MARABILLOSOS PROFES POR FACELA POSIBLE!

  

ROSALÍA NA BIBLIOTECA DE DANIEL

NA BIBLIOTECA DE DANIEL HABITA TAMÉN ROSALÍA DE CASTRO.

GRAZAS PATRICIA, CRISTINA E DANIEL POLO QUE NOS FIXECHEDES GOZAR CON ROSALÍA, A CASA DA MATANZA E A NEGRA SOMBRA!!

VISITA Á CASA DA MATANZA

DESPOIS DE TER SIDO APRAZADA POR MOR DO TEMPO, A SÁIDA E VISITA Á CASA DE ROSALÍA REALIZOUSE O XOVES 10 DE MARZO

NO DÍA DE ROSALÍA

 O 24 DE FEBREIRO, DÍA DO ANIVERSARIO DE ROSALÍA, CANTÁMOSLLE A NOSA POETA OS PARABÉNS E AGASALLÁMOLA COA SÚA POESÍA E CON FLORES.

TAMÉN AS NOSAS FAMILIAS TIVERON UN AGASALLO:
UN LIBRO, UN POEMA, UNHA FLOR.

FOI UN GRAN DÍA!

CARTAS POR ROSALÍA

SEGUINDO A SUXERENCIA DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES E ESCRITORAS EN LÍNGUA GALEGA ENVIAMOS A CASA AS PALABRAS DE ROSALÍA EN FORMA DE POSTAL POR NÓS ILUSTRADA.

ROSALÍA DE CASTRO

"VAITE NOITE VAI FUXINDO
VENTE AURORA VENTE ABRINDO
CO TEU ROSTRO QUE SORRINDO
A SOMBRA ESPANTA..."

No mes de Rosalía, a súa escola festexa á poeta.
Escola Rosalía de Castro

CONVIDACIÓN DE DANIEL

O NOSO AMIGO DANIEL CONVÍDANOS DE NOVO A SÚA BIBLIOTECA.
DESTA VEZ PROPONNOS COMPARTIR ESTAS XORNADAS CON ALGUÉN MOI CERCANO A ROSALÍA DE CASTRO...

DÍA DE ROSALÍA

 O 24 DE FEBREIRO, DÍA DO NACEMENTO DA ESCRITORA, CELEBRAMOS O

DÍA DE ROSALÍA

Distribuir contido