Club "Amigas e amigos de Daniel"

MANUEL MARÍA: A PALABRA

MANUEL MARÍA, POETA DA TERRA CHÁ E  DOS NOSOS SOÑOS , REGRESA UN ANO MÁIS Á ESCOLA.
E DESTA VEZ SABÉMONOS MOI ACOMPAÑADOS E ACOMPAÑADAS NO GOCE DA SÚA PALABRA ...

"QUERO TER A PALABRA MÁIS SINCEIRA,
A MÁIS CABAL, MÁIS NOBRE E TRANSCENDENTE,
QUE SEXA AO MESMO TEMPO, GRAN, SEMENTE,
INVERNO, V´RAN, OUTONO E PRIMAVERA...

... POIS O NOSO FIEL POETA É O AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO NA CELEBRACIÓN DAS NOSAS LETRAS.

QUERO A PALABRA PURA, RECENDENTE,
FERMOSÍSIMA, NIDIA, VERDADEIRA
QUE TEÑA O RITMO BARIL DA MUIÑEIRA
E A CLARIDADE DA AUGA TRANSPARENTE

 QUERO A PALABRA CERTA CARA A VIDA,
A PALABRA QUE FERE, QUE ALOUMIÑA;
E VAI PARA AVE, NUBE, FLOR , CANCIÓN.

QUERO A PALABRA ESPIDA, ALPORECIDA
E, AO MESMO TEMPO, LENE, SOLERMIÑA
QUE É SAL NOS BEIZOS E LUZ NO CORAZÓN "

MANUEL MARÍA.

OS LONXES DO SOLPOR

SAÍDA A PONTEVEDRA

 AS ESCOLAS DO CRA DE RIANXO REALIZARON O XOVES 2 DE XUÑO UNHA VISITAN Á EXPOSICIÓN "CASTELAO ARTISTA" NO MUSEO DE PONTEVEDRA .
A SAÍDA COMPLEMENTOUSE CUN ROTEIRO POLA CIDADE VELLA E ACTIVIDADES DE LECER NO PARQUE DOS SENTIDOS  (GRANXA DE BRIZ, MARÍN)

ROTEIRO CASTELAO

O XOVES 26 DE MAIO "AS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL" VIVENCIAMOS, DA MAN DA ACTRIZ TERO RODRÍGUEZ E DA BIBLIOTECARIA SOFÍA CAROU, ESPAZOS VITAIS E CREATIVOS DO AUTOR RIANXEIRO A. D. R. CASTELAO, COÑECIDO POR NÓS ATA ESE MOMENTO COMO O AMIGO DANIEL, E A QUEN APRENDEMOS A NOMEAR TAMÉN DENDE ENTÓN, IRMÁN.



SAÚDE E TERRA, IRMÁN DANIEL!

ROTEIRO CASTELAO

O XOVES 26 DE MAIO "AS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL" VIVENCIAMOS DA MAN DA ACTRIZ TERO RODRÍGUEZ ESPAZOS VITAIS E CREATIVOS DO AUTOR RIANXEIRO A.D.R. CASTELAO, COÑECIDO POR NÓS ATA ESE MOMENTO COMO O AMIGO DANIEL, E A QUEN APRENDEMOS A NOMEAR TAMÉN DENDE ENTÓN, IRMÁN DANIEL.

O NOME DAS ÁRBORES

"Resultábame tamén moi curioso o dito co que definía a máxima ignorancia: "Tan brután é que non sabe nin o nome das árbores". Na Odisea, Ulises só convence ao cego e incrédulo Laertes de que en verdade é o seu fillo cando é quen de lembrar o nome e o número das árbores que o pai lle nomeou na horta de Ítaca,..."

As voces baixas. Manuel Rivas.

AÍ VEN O MAIO

 "AÍ VÉN O MAIO

DE FLORES CUBERTO..."

Curros Enríquez

LER CON LEANDRO LAMAS

ABRIL, UN MES MÁIS PARA OS LIBROS E A ARTE

23 DE ABRIL, POLOS LIBROS!

A Quintáns tamén chegou abril, mes dos libros, e mentres traballamos no estupendo encargo que nos fixo Daniel da creación de un libro sobre Manuel María, chegou xa o 23 de abril, día mundial do libro. Na aula de primaria pensamos en como podiamos celebralo e cun lote de imaxinación decidimos facer unha película. Así como o oídes! Unha película adicada ós libros que tanto apreciamos e que tanto nos ensinan.

Asi pois, fixemos que nesta montaxe non faltase de nada. Un plató con decorado, escribimos un guión co que tiñamos que dicir, maquillaxe, perruquería e por suposto...luces, cámara e ACCIÓN!

Aquí vos queda o resultado final! Agardamos que vos guste a nosa superprodución, e por suposto...

FELIZ DÍA DO LIBRO A TOD@S!

  

MES DO LIBRO

NO MES DE ABRIL O LIBRO É O PROTAGONISTA DE DÚAS DATAS IMPORTANTES: O 2 É O DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL E O 23, O DÍA MUNDIAL DO LIBRO.

NO CRA DE RIANXO CELEBRAMOS ESTE MES QUE GOSTA TANTO DOS LIBROS FACENDO A NOSA PROPIA EDICIÓN DE " OS SOÑOS NA GAIOLA",  DO POETA MANUEL MARÍA.

TARDES NA BIBLIOTECA DE DANIEL

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO E AS SÚAS FAMILIAS NA BIBLIOTECA DE DANIEL DURANTE O TERCEIRO TRIMESTRE

Distribuir contido