Club "Amigas e amigos de Daniel"

TARDES NA BIBLIOTECA DE DANIEL

NESTE CURSO ESCOLAR O AMIGO DANIEL CONVÍDANOS TAMÉN Á SÚA BIBLIOTECA OS MARTES POLA TARDE.
DURANTE ESTE SEGUNDO TRIMESTRE, E AO LONGO DE CINCO SESIÓNS, DANIEL  OFRÉCENOS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN LECTORA, FORMACIÓN DE USUARIOS E PRÉSTAMOS PARA AS CRIANZAS, AS SÚAS FAMILIAS E OS SEUS MESTRES.

LECTURAS RECOMENDADAS POR DANIEL

CANTO GOSTAMOS DE RECIBIR NA ESCOLA AS RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS DE DANIEL!!
E CANTO GOZAMOS AO DESCUBRIR ALÍ TANTOS LIBROS E AUTORES CÓMPLICES NOS PLACERES DA LECTURA...

CAIN AS FOLLAS

CAIN AS FOLLAS...

SINTO UNHA COUSA

QUE SE APOUSA EN MIN

E NON ME TOCA...


CHOVE PRA QUE EU SOÑE...

 

FALA A TARDE BAIXIÑO

I O CORAZÓN SÍNTEO...

UXÍO NOVONEYRA

(música de Emilio Cao)

NEIRA VILAS

COMO AO ESPANTALLO QUE NOS AGASALLACHES, DICIMOSCHE TAMÉN A TI, ADEUS NOSO AMIGO.

A XOSÉ NEIRA VILAS, DENDE O NOSO CORAZÓN

CONVIDADOS POR DANIEL

CONVIDADOS POLO AMIGO DANIEL COMPARTIMOS UNHA MAÑÁ DE HISTORIAS, XOGOS E MÚSICA

DANIEL TRÁENOS MILLO!

O 5 de novembro, os nenos e nenas de Quintáns, visitamos a biblioteca do noso amigo Daniel, xa que nos invitou cunha carta tan suculenta, que non podíamos desprezar a invitación de ningunha maneira. Prometíanos bonitas lendas de México, música e moito moito millo! Así foi! O profe Tobías leunos un contiño de México e algunhas das nosas mamás e avoas acompañáronnos para contarnos todo o que saben do millo e o seu cultivo!

Tamén o profe Rubén nos deixou tocar os instrumentos, e bailamos e cantamos ó ritmo de Migallas e o seu "Pan de millo". Podédesnos ver neste vídeo cantando e bailando contentiños como espigas en fror!

Foi un día emocionantísimo!

Agardamos que Daniel nos traia pronto máis aventuras así.

 

 

Arte e sensiblidade

A arte como forxadora
da sensibilidade.

VISITAMOS A BIBLIOTECA DE DANIEL!

NA BIBLIOTECA DE DANIEL, TOBÍAS TIÑA PREPARADA UNHA INTERESANTE SESIÓN ADICADA

A UN FROITO DO OUTONO: O MILLO.

PRIMEIRO DANIEL PRESENTOUSE AOS QUE ÍAN POR VEZ PRIMEIRA,

E OS QUE XA O COÑECEMOS LEMBRAMOS A SÚA VIDA.

LOGO CONTOUNOS UNHA LENDA MEXICANA: AS DONCELLAS DO MILLO.

E DESPOIS FIXEMOS BONECAS COAS ESPIGAS QUE LEVAMOS. E QUEDARON BEN BONITAS!!!

GRAZAS, TOBÍAS!!!

MIRADE QUE BEN O PASAMOS!!!

AS DONCELAS DO MILLO

Hai centos de anos o cultivo do millo extendeuse dende América e chegou a Galiza, tranformando aspectos fundamentais da vida dos galegos e das galegas na alimentación, no traballo das terras, nas arquitectura popular.

SABEDOR DA PEGADA QUE O MILLO TEN NA NOSA CULTURA, O AMIGO DANIEL CONViDOU A MESTRES, NENOS, NENAS E FAMILIAS A VISITAR A SÚA BIBLIOTECA E A COÑECER A LENDA DOS INDIO PUEBLA "AS DONCELAS DO MILLO".

Distribuir contido