Club "Amigas e amigos de Daniel"

TARDES CON DANIEL

O VINDEIRO MARTES 8 DE NOVEMBRO, A BIBLIOTECA DAS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS PARA TODOS VÓS, DENDE AS CATRO ATA AS SEIS DA TARDE.

ÁS 17H, SOL E MARÍA CONTAN..."O SEÑOR MAGO E A FOLLA".

AGARDÁMOSVOS PARA PASAR UNHA TARDE DE OUTONO TOD@S XUNT@S!

SAMAÍN!

ESTA SEMANA CHEGA O SAMAÍN Ó NOSO CRA! AS ESCOLAS ESTANSE ENCHENDO POUCO A POUCO DE CAVEIRAS ATERRADORAS E HISTORIAS DE MEDO. ATA O NOSO DANIEL SE TRANSFORMOU NUNHA CRIATURA DA NOITE!

QUE AS ALMAS EN PENA NON VOS LEVEN FAMLIAS!

A NOSA BIBLIOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS!!!

DANIEL ESTÁ DE VOLTA!

 

O VINDEIRO MARTES 4 DE OUTUBRO, Á BIBLIOTECA DAS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS PARA TODOS VÓS, DENDE AS CATRO ATA AS SEIS DA TARDE.

ÁS CINCO PODEREDES GOZAR DO PRIMEIRO CONTACONTOS DESTE CURSO.

 

ESTADES CONVIDAD@S A PASAR AS TARDES DOS MARTES MERGULLAD@S NOS LIBROS.

 

AGARDÁMOSVOS!

O NENO DAS PIÑAS

O neno das piñas
Daniel Castealo. 1926. Augada/papel


O neno das piñas
Crianzas da Escola Rosalía de Castro (Crucerio). 2016. Rotulador e cera/papel

PEITO DE LOBO

     

"... De súpeto tanxeron os sinos, estalaron os foguetes e unha «ben afinada banda» rompeu a tocar. A cousa xa non tiña remedio. Saíu o meu cabezudo e no mesmo intre a xente escachou a rir, como facía nas comedias dos titiriteiros.

— É Peito de Lobo! É Peito de Lobo! "...

RETRINCOS

Afonso Daniel Rodríguez Castelao

     
   

IRMÁN DANIEL

DANIEL CASTELAO.
NARRADOR, ENSAÍSTA, DRAMATURGO, DEBUXANTE, PINTOR, POLÍTICO, ...
O NOSO VECIÑO, O NOSO AMIGO E O NOSO IRMÁN NAS IRMANDADES DA (NOSA) FALA

Saúde e terra, irmám!

MANUEL MARÍA: O CUCO

" ÓESE POLA CARBALLEIRA
O VELLO CUCO SOURIL
Ó NACER A PRIMAVERA
ENTRE O MARZO E O ABRIL"

Manuel María.
Terra Chá

MANUEL MARÍA: O LOBO

Ven o señor Lobo
- que medo, neniño!-
polo monte abaixo
e asusta ó camiño!

 

Trae lume nos ollos;
nos dentes, coitelos
tan ben afiados
que dá medo velos!

Que dá medo velos;
arrepío ollalos…!
Ven o señor Lobo
con instintos malos!
Anda paseniño
con pasos calados.
Años e ovellas:
estarán gardados?
Ven o señor Lobo
con paso seguro:
a luz dos seus ollos
fura no escuro!
Escóitase ó lonxe
perdido entre matos,
na soidá do monte,
oular de lobatos.
Chega o señor Lobo.
A súa ollada fría:
pon os pelos dreitos,
o sangue arrepía…!

O sangue arrepía,
o corazón xea:
está o señor Lobo
venteando a aldea!

Manuel María
Os soños na gaiola

MANUEL MARÍA: O MEU BARCO

" TEÑO UN BARCO DE XOGUETE
E NEL ME QUERO EMBARCAR
POLOS MARES DOS MEUS SOÑOS
QUEN ME VERÁ NAVEGAR! "
...Manuel María
Os soños na gaiola

Distribuir contido