Saltar navegación.
Inicio

Intocable

 

Marisa Agulló, 13/11/2012

Retomo os meus humildes comentarios sobre o cine, animada -para non perder a costume- polo alma mater dos "maquinetos" no Feal.

Como de momento non vin nada novo que mereza a pena recomendar,  atrévome cunha una peli que vin a primavera pasada e que me pareceu unha valiosa lección sobre a amizade e a fortaleza ante a adversidade.

Trátase de INTOCABLE, de factura francesa, baseada nunha novela de Philippe Pozzo di Borgo, e creo ademais, en feitos reais.

  • Directores: Olivier Nakane e Eric Toledano
  • Actores principais: Francois Cluzet e Omar Sy
  • Año: 2011

Conta con numerosos premios ás súas costas: César, Donosti, Tokyo, Donatello, Premio do cine europeo 2012...

Non quero desentrañar o argumento; merece a pena vela (temos o DVD na Biblioteca de Secundaria) e incluso ler o libro. Máis de 30 millóns de espectadores quedaron cativados pola maxia desta historia, entre eles eu mesma.

Só un adianto da trama, divertida e ao mesmo tempo emotiva e chea de vivacidade e lirismo: dous homes que xamais se coñecerían noutras circunstancias -un aristócrata tetrapléxico e un inmigrante magrebí- chegan a ser aliados inseparables.

Espero que vos guste, xa comentaredes.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com