Saltar navegación.
Inicio

Visita a dúas exposicións sobre a prehistoria e as primeiras civilizacións

O pasado venres 28 de outubro os estudantes de 1º de ESO, acompañados polas profesoras Marisa Agulló e Eva Loureiro, visitaron a cidade da Coruña. O obxectivo era ver dúas exposicións: Orixes, cinco fitos da evolución humana situada nos Xardíns de Méndez Núñez e organizada pola Caixa e a exposición e os Obradoiros de Primeiras civilizacións, Exipto e Mesopotamia no Museo de Montserrat, organizada pola Fundación Novacaixagalicia.

Na primeira delas analizábanse os principais fitos do proceso da evolución humana centrándose no desenvolvemento do bipedismo, a utilización das primeiras ferramentas, o control do lume, a aparición da autoconciencia cos primeiros enterramentos e a adopción da linguaxe simbólica coa creación da arte e os símbolos.

Na segunda das exposicións pódense contemplar pezas adquiridas por Bonaventura Ubach (1879-1960) no Cairo e en anticuarios de Beirut, Damasco e Bagdad, coa fin de ilustrar o mundo cultural da Biblia. Entre os obxectos estaban representacións de faraóns e deuses, utensilios da vida cotiá e dous sarcófagos, que serviron para explicar as crenzas e a forma de vida no Exipto Antiguo.

Pinchade no arquivo adxunto para ver as fotos!

AdxuntoTamaño
FOTOS_EXPOSICIONS.pdf673.25 KB

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com