Os novos paneis interactivos
16/04/2023
Durante as pasadas vacacións de Semana Santa, a Consellería de Educación instalou paneis interactivos para todos os nosos grupos entre Infantil - 3 anos e 4º de Primaria.
Trátase de pantallas táctiles que non necesitan proxector (porque emiten luz por si mesmas como as tablets). Tampouco necesitan ordenador externo, porque ademais do seu sistema operativo android, levan integrado un pequeno ordenador adicional con Linux.
Deste xeito, houbo que retirar numerosas pizarras dixitais, proxectores e os seus soportes. Todo este material aínda funciona perfectamente (loxicamente con menos calidade que os novos paneis), e polo tanto, tratarase de reubicalo en aulas específicas.
Está previsto que a Consellería tamén modernice proximamente as demais aulas (que son xa Edixgal) con paneis de maior tamaño, e sen o ordenador integrado con Linux (posto que se podería aproveitar o portátil de aula existente), pero tamén con android.
Na foto que abre o artigo, pódese ver o panel de 1º A de Primaria en acción o pasado venres.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Panel_Interactivo_1A_EP_Feal_14_04_2023.jpg | 3.27 MB |
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com