Saltar navegación.
Inicio

Plantando sementes de igualdade

“(…) porque o patrimonio da muller son as cadeas da escravitude.
Eu, sen embargo, son libre, libre como os paxaros, como as brisas, como os árabes no deserto e o pirata no mar.
(…)”
Con esta cita de Rosalía de Castro dámosvos a benvida a este espazo virtual no que iremos plantando sementes de igualdade e véndoas crecer ao longo dos trimestres que compoñen este curso 2021-22.
Desta forma presentámosvos o proxecto “Plantando sementes de igualdade” no que estamos inmersos as mestras e alumnado de educación infantil, enmarcada no Plan Proxecta dentro da categoría “Donas de sí”.
A través deste proxecto queremos que coñezan mulleres relevantes da historia mulleres que axudan día a día a construír unha sociedade máis igualitaria, que serven como modelo para que as pequenas do mundo enteiro poidan soñar ao grande, mulleres da actualidade e tamén as mulleres da súa contorna que para elas e eles son importantes. Son estas últimas nas que nos centramos neste primeiro trimestre.
E que mulleres hai máis importantes na nosa contorna que as nosas superavoas? Mulleres bravas galegas que tiveron unha vida difícil e aínda así loitaron nun mundo de homes por cumplir os seus soños e sobrevivir, cada unha usando o seu superpoder.
Para este cometido propuxémoslle ás familias que nos presentaran ás súas superavoas a través de fotos e cunha pequena redacción na que nos explicasen o seu superpoder, traballiños que escaneamos e convertimos nun fermoso libro dixital que poderedes disfrutar na seguinte presentación:

Pero neste primeiro trimestre non só coñecimos ás nosas superavoas, senón que tamén fixemos diferentes actividades para conmemorar o 25 de novembro, Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.

- A NIVEL DE AULA fixemos diferentes manualidades: en 3 anos a nosa man convirteuse nunha fermosa flor violeta, en 4 anos escribimos carteis reivindicativos e en 5 anos creamos uns bonitos ramos de lilas.

 

- A NIVEL DE CICLO traballamos en animación á lectura os contos Artur e Clementina e Malala e tamén decoramos una enorme árbore da cal as súas follas eran as mans moradas de todo o alumnado de Infantil.

- A NIVEL DE CENTRO aprendimos e bailamos co mestre de música a canción Bágoas na pel que se usou para a creación dun vídeo no que saen tódolos cursos de Primaria bailando unha tradicional coreografía. Asi mesmo, o propio día 25, todo o alumnado de Primaria e Infantil do cole saímos en manifestación facendo un recorrido arredor do colexio no que reivindicamos, sobre todo, o lema da canción: Quen te quere ben, non te fai tremer.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com