O mural do Feal
24/01/2020
Dende hai uns días, o Feal gañou en cor, xa que recuperamos o mural pintado hai anos na fachada principal (cun deseño do pintor Leandro Lamas). Coas últimas obras realizadas no centro, o debuxo desapareceu, e moit@s lamentamos esta perda.
O Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola (impulsado pola concelleira de Educación Mercedes Taibo) permitiunos recuperalo, nunha actividade na que o alumnado de 3º ESO, dirixido por Édgar Gómez e Alejandro López, axudou a pintalo de novo seguindo o debuxo orixinal.
Quedamos moi content@s coa experiencia e o resultado. De seguro que as cores do noso mural axudan a empezar a xornada con mais enerxía! Moitas grazas a tod@s @s que o fixestes posible!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
MURAL_TALLER_23_01_2020.JPG | 7.79 MB |
MURAL_TALLER_22_01_2020.jpg | 2.7 MB |
Enderezos electrónicos
- Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
- ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
- Coordinación da web: web.feal@gmail.com