Saltar navegación.
Inicio

XXIV Certame Intercentros do Concello de Narón

Intercentros 2013Fai clic para ver máis fotos

05/05/2013

Todo  o  alumnado de  Infantil  e  Primaria  participou  nas modalidades  de murais, conto ilustrado e cómic. Os seus traballos estarán expostos no Pazo da Cultura de Narón ata o día 20 de maio. Todos recibirán un premio pola súa participación.

En expresión oral podía participar  todo o alumnado de infantil primaria e secundaria. Nesta modalidade conseguiron premio:

  • Alicia, Joel, Manuela e Rebeca, de 1º ESO, que representaron a obra de teatro " Un caso verídico".

En expresión escrita foron premiados os seguintes alumnos:

  • Alicia Santos Lago de 1º ESO  conseguiu dous premios, un en narrativa co seu relato "Carreira cara a morte", e outro na modalidade de cómic co seu traballo titulado "Distracción".
  • Belén Seoane Barcia de 2º ESO levou o premio de  Poesía, polo  seu poema "Sentimentos".
  • Martín Lage Ares de 4º Diver. foi premiado pola súa reportaxe xornalística sobre o "Downhill".

Todos eles acudirán ao Pazo da Cultura o vindeiro 14 de maio para recibir o seu premio, acompañados dalgúns dos seus compañeiros e profesores.

FELICIDADES AOS PREMIADOS E
GRAZAS A TODOS OS QUE PARTICIPARON.

GRAZAS TAMÉN A TODO O PROFESORADO
QUE COLABOROU E AXUDOU AOS NENOS E NENAS.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com