Saltar navegación.
Inicio

Calendario de admisión e matrícula

29/02/2024

Calendario de admisión e matrícula

  • 29 de febreiro: publicación de vacantes
  • 1-20 de marzo: solicitudes de admisión. Podense presentar na secretaría do centro ou ben a través da aplicación de Admisión empregando a CHAVE 365 ou Certificado Dixital.
  • 25 de abril: publicación das listaxes provisionais. 5 días hábiles para posibles reclamacións.
  • 15 de maio: publicación das listaxes definitivas.
  • 20 - 30 de xuño: matrícula para o alumnado de E. INFANTIL e E. PRIMARIA
  • 23 de xuño - 7 de xullo: matrícula para o alumnado de ESO.

Impreso de admisión en galego
Impreso de admisión en castelán

Programa PIALE de inmersión lingüística en Burdeos

Paula Cernadas en BurdeosPreme para ampliar

03/03/2024

O pasado mes de novembro a nosa compañeira Paula do Dpto. de Francés viaxou á cidade de Burdeos, como beneficiaria do programa de inmersión PIALE da Consellería de Educación. Alí xunto con outros vinte docentes de toda Galicia, somerxeuse durante un mes na vida bordelesa e acudiu a diario a un instituto, para observar e comparar as semellanzas e diferenzas do sistema educativo, da organización dos centros e das metodoloxías empregadas no país galo. Se queres saber máis sobre a súa estadía, pincha aquí.

E ti, compañeiro/a, se queres participar este ano nesta formación, tes ata o 19 de marzo para inscribirte: www.edu.xunta.gal/portal/es/node/42466. Este programa lévase a cabo en Francia, mais tamén noutros países como Portugal, Alemaña, Reino Unido e Canadá. Non deixes pasar a oportunidade!

Segundo podcast do Son do Feal 2023-2024

27/02/2024

A nova entrega do Son do Feal está feita polo alumnado de 6º de Primaria. Contén unha reportaxe sobre a recente vertedura de polietileno nas nosas augas e unha entrevista con Priya, a nosa actual auxiliar de conversa para a Lingua Inglesa de Primaria.

Día de Rosalía 2024

Rosalía de CastroPreme para ver máis imaxes

26/02/2024

Co gallo da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro (23 de febreiro), o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI do Feal celebrou un concurso de lettering no que podía participar o alumnado de 5º e 6º de Primaria e todos os cursos da ESO. Hoxe recolleron os premios as gañadoras e os gañadores:

  • Antía Paniagua Martínez (6º de EP B)
  • Aitana Montero Vilasuso (6º de EP B)
  • Iván Díaz Funcasta (2º de ESO B)
  • Sofía Martínez Miragaya (2º de ESO C)
  • Manuel Freire Cagiao (4º de ESO B)
  • Naomi Jhubicsa Pérez Suárez (4º de ESO C)

Por outra parte, o noso alumnado de Infantil e Primaria dedicoulle unha flor a Rosalía no día do seu nacemento.

Tedes fotos de todo isto no álbum "Día de Rosalía 2024" da nosa Galería.

Que viva Rosalía!

Les Trois Mousquetaires

Les Trois MousquetairesPreme para ampliar

26/02/2024

A semana pasada, o alumnado de Francés de 3° de ESO, acompañado das profesoras Paula e Montse, achegouse ata o Colexio Cristo Rey de Ferrol para desfrutar dun clásico do escritor Alexandre Dumas, "Les Trois Mousquetaires", adaptado ao teatro pola compañía BHM Producciones.

Non esquezamos o seu lema:
Un pour tous et tous pour un! ⚔️

Visita de 4º de ESO ao CIFP Ferrolterra

CIFP Ferrolterra 2024Preme para ver máis fotos

22/02/2024

Esta mañá, o noso alumnado de 4º de ESO visitou o CIFP Ferrolterra, onde se imparten numerosos ciclos industriais de diversas ramas (Electricidade, Electrónica, Robótica, Mecánica, Carpintaría...). O obxectivo era que o noso alumnado coñecese alternativas ao bacharelato que poden ser moi atractivas e ademais con moi boa saída laboral. Moitas grazas ao persoal do CIFP Ferrolterra, que nos describiu con gran amabilidade as súas instalacións.

Entroido 2024

SamuraiPreme para ver máis fotos

19/02/2024

Aínda que este ano non houbo queima do meco debido ao mal tempo, o venres de Entroido non deixou de haber festa no Feal. En Infantil e Primaria, a temática dos disfraces era olímpica, pero na ESO era libre. Na imaxe, destacamos a un fantástico samurai (Hugo Vérez Pérez, de 2º de ESO C) que fixo todo en casa con material reciclado, pero podedes ver máis fotos no álbum Entroido 2024 da nosa Galería.

Achegamos tamén o texto do testamento do meco e un pequeno vídeo no que o le un grupo de 4º de ESO.

Comeza o torneo de xadrez na Biblioteca de Secundaria

Xadrez 2024Preme para ampliar

06/06/2024

Ambientazo hoxe na primeira rolda do torneo de xadrez na Biblioteca de Secundaria. Ademais do éxito de participación, tamén hai que destacar a cantidade de xente que se achegou no recreo dun día soleado. Seguiremos informando!

Primeira patrulla de limpeza deste curso

Patrulla CristinaPreme para ampliar

05/02/2024

Durante o primeiro trimestre, decidírase establecer un calendario de limpeza do noso patio no que participase tanto o noso alumnado coma o noso profesorado, organizándose en patrullas por titorías. Esta tarde de luns abriu o fogo a Patrulla Cristina: 3º de ESO A. Xa vedes a cantidade de lixo que recolleron nunha soa clase. A colaboración do grupo foi total. Un millón de grazas a todo 3º de ESO A e á súa titora (Cris). Parabéns!! Esperemos que a partir deste exemplo haxa unha pandemia explosiva de patrullas de limpeza.

De todas maneiras, sabedes de sobra que hai unha solución bastante máis sinxela: non tirar nada fóra das papeleiras. Pasa un pouco como co cambio climático: estanse desenvolvendo tecnoloxías complicadísimas para recoller CO2 da atmosfera, incluso con Intelixencia Artificial, cando o primeiro é deixar de botar CO2 a atmosfera (queimando combustibles, bosques, mecos ou o que sexa).

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com
Distribuir contido