Skip to Content

Normalización e Dinamización Lingüística

LETRAS GALEGAS 2021

XELA ARIAS

Xela Arias Castaño naceu en Sarria en 1962. Filla do escritor Valentín Arias, foi unha das voces máis singulares da poesía galega contemporánea e sobresaíu tamén como editora e tradutora.

O equipo de docentes do Seminario Galán (A Coruña), comparte connosco os seus materiais das Letras Galegas, este curso dedicados á figura de Xela Arias

Xogos interactivos genially: preme nas actividades para xogar.

Emotivo poema ilustrado, "Ninguén coma ti", convertido en canción.

 

O EDLG do CEIP Xesús San Luís Romero ofrecenos o seguinte:

 

 

Material didáctico das Letras Galegas 2021 (Xela Arias)

Seminario Galán (A Coruña)

 

https://academia.gal/letras-galegas/2021/xela-arias/biografia

REAL ACADEMIA GALEGA

 PORTAL DA LINGUA

SEMINARIO GALÁN

 Primavera das Letras Actividades relacionadas co Día das Letras Galegas.

 

Vida e obra de Xela Arias Castaño. Elaborado polo alumnado de 5º do Colexio San Pío X (Ourense)

 

 

 

LIBRO DE TREBELLOS DA AGRICULTURA

Os nenos e nenas do Cep Carlos Casares durante o primeiro trimestre estivemos quitando fotos aos diferentes trebellos da agricultura nas nosas casas. Despois buscamos información e elaboramos un libro de trebellos que agora forma  parte da nosa biblioteca.Aprendemos moito e pasámolo xenial con esta actividade.  Aquí vos deixamos o libro elaborado por cada clase.(CLICAR NAS IMAXES PARA VISUALIZAR).

 

DÍA DE ROSALÍA

 24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro.

Clica nas imaxes para xogar e  aprender sobre esta escritora.

 

 

 

 

 

XOGOS: A AGRICULTURA

CALENDARIO 2021

Como xa sabedes o proxecto anual do centro deste curso  é  "A AGRICULTURA". Todos os anos elaboramos un calendario con fotografías  que aporta a familia e outras que quitamos dos obxectos aportados a exposición. Este ano non foi posible montar a exposición debido a Covid-19, pero os nosos alumnos/as quitaron moitas fotografías que depois traballaron na aula buscando información e elaborando os pés de foto.  Foron tantas as fotografías que era  imposible plasmalas todas no calendario tendo que facer unha escolma. Aquí tedes o magnífico resultado.

Parabéns nenos/as, mestres/as e familia polo voso traballo!!!!!

 

Para ver o calendario completo preme na imaxe.

ESTE NADAL RECOMENDAMOS

Xa ule a vacacións!!!! o vindeiro martes será o derradeiro día deste primeiro trimestre atípico e diferente. Neste Nadal podemos xogar, descansar e tamén emprender unha longa viaxe a través dun libro.

Non esquezades pedirlle os Reis Magos o libro de Ledicia Costas. De seguro que se non pode visitarnos poderemos ter unha videoconferencia no mes de abril.

Dende a biblioteca desexámosvos un Bo Nadal e un próspero ano novo.

 

 

 

 

 

 

SAMAÍN

Achégase o Samaín, festividade de orixe celta que celebraba o fin da tempada de colleitas. Era considerada como o ano novo celta. Esta festividade marca o comezo do inverno ou "metade escura" do ano. Tradicionalmente, é celebrada a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, xa que o día celta comeza e remata co solpor. O Samaín en Galiza, é unha celebración estreitamente relacionada co Día dos Fieis Defuntos e co Magosto. A súa recuperación e promoción comezou en 1990, en Cedeira, estendéndose por Galilza con actividades que involucran ás escolas e asociacións culturais. Durante esta época do ano tállanse cabazas que son deixadas nos camiños para asustar aos viandantes.

Para celebrar o samaín deixámosvos dous contos :

A BRUXA REGAÑADENTES. CONTO

 

 A BRUXA REGAÑADENTES. PELI

 

 

 

 CORRE, CORRE CABAZIÑA, EVA MEJUTO

 

 

MAIO: MES DAS LETRAS GALEGAS

Bo día nenos e nenas!!! Xa estamos no mes de maio, e o próximo día 17 é o Día das Letras Galegas dedicado este ano a RICARDO CARBALLO CALERO. Aquí vos deixamos algúns enlaces para que poidades coñecer cousiñas acerca deste autor.

 

 

 LIGAZÓNS:

 REAL ACADEMIA GALEGA

PRIMAVERA DAS LETRAS

PORTAL DA LINGUA GALEGA

SEMINARIO GALÁN

 

 

 

 

 

 

Ricardo Carballo Calero

Homenaxeado   Ano 2020

Categoría: Escritor.

Lugar de Nacemento: Ferrol.

Data de Nacemento: 30 de outubro de 1910.

Data de Falecemento: † 25 de marzo de 1990

OBRA  RICARDO CARVALLO CALERO:

POESÍA:

As súas primeiras publicacións foron de poesía con obras como: Vieiros (1931), O silenzo axionallado (1934), Anxo da terra (1950), Poemas pendurados dun cabelo (1952), Salterio de Fingoy (1961).

A partir de 1961 ata 1980 publica unha serie de poemas agrupados en tres partes: Excalibur, Venusberg e Avalon. Entre 1980 e 1985 escribe Cantigas de amiga e outros poemas. 

TEATRO:

Carballo Calero amosou tamén interese por este xénero publicando algunhas pezas que en ocasións chegaron a ser representadas. Antes da Guerra Civil compuxo O fillo e en 1945 Isabel. A partir de aquí escribiu obras como A sombra de Orfeo, A farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro e Os xefes.

NARRATIVA:

A súa obra en prosa está recollida no volume Narrativa completa que contén obras como a novela A xente da Barreira e narracións cortas como Os señores da Pena, O lar de Clara, As pitas baixo a chuvia, Os tumbos, A cegoña e Aos amores serodios. Tamén escribiu Scórpio que pode ser considerada a súa obra mestra.

Carballo Calero tamén aportou á nosa cultura obras de tipo filolóxico como Sete poemas galegos (1955), Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (1955), Breviario antológico de literatura gallega contemporánea (1966), Sobre lingua e Literatura galega (1971), Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía de Castro (1972), Gramática elemental del gallego común (1974) e Historia de la Literatura Gallega contemporánea (1975).

 LEMOS POEMAS :ESCOLMA POÉTICA DE RICARDO CARBALLO CALERO. 

FRASES E CITAS DE RICARDO CARBALLO CALERO.

Na seguinte ligazón podedes escoitar numerosos textos do autor musicados por diversos grupos galegos no ano 2010 para conmemorar o centenario do seu nacemento:

https://a.gal/musicando-carvalho-calero-2010/

Tamén podes baixalas na seguinte ligazón:

 

https://a.gal/baixar-musicas-carvalho-calero-2010/

- Colección de 24 caricaturas de Carvalho Calero debuxadas por Siro para representar o escritor ferrolán en distintas épocas da súa vida, dende a mocidade ata a vellez. Tédelas en

https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0008.html

 

Xogos de fuga para o alumnado/escape room

-O misterio da casa de Ricardo Carvalho Calero: elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) e Ana Sánchez Sanmartín (CEIP Arquitecto Casas Novoa) 

-Letras Galegas 2 020. Ricardo Carvalho Calero: elaborado por Alba Carril Casanova (CPI de Vedra) 

-Xogo Letras galegas 2 020: Carvalho Calero da profesora Patricia Sánchez Lamas.

Ligazón á fiestra de Patricia para saber un pouquiño máis.

O COLEXIO SAN PÍO X (OURENSE) OFRÉCENOS UN VIDEO NO QUE NOS CONTA A VIDA E OBRA DE RICARDO CARVALLO CALERO E UN XOGO PARA REPASAR ASPECTOS FUNDAMENTAIS DO AUTOR.

 

O CEP FREI LUÍS DE GRANADA (LUGO) SORPRÉNDENOS CUNHA CANCIÓN.

 

 A Secretaría Xeral de Política Lingüística fai públicos, a través do Portal da Lingua, os carteis e as guías premiadas no Concurso-Exposición das Letras Galegas 2020 dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Xa se poden ver en:

https://www.lingua.gal/letras-galegas?content=/Portal-Lingua/Contido/recursos/letras-galegas/2020/contido_0007.html

 

 PROPOSTA ACTIVIDADES:

Carvalho Calero para o ensino primario, de Laura García Diaz: unha unidade que lle achega a vida, a obra e a proposta ortográfica de Carvalho Calero ao alumnado de educación infantil e primaria mediante unha serie de actividades lúdicas e interactivas en liña.

Carvalho Calero para o ensino primario. Formato PDF. 1 MB

EXPOSICIÓN DAS LETRAS: RICARDO CARBALLO CALERO

CUESTIONARIO SOBRE RICARDO CARBALLO CALERO.

POWERPOINT E UD SOBRE RICARDO CARBALLO CALERO.

UNIDADES DIDÁCTICAS POR CURSOS:

UD 1º

UD 2º

UD 3º

UD 4º

UD 5º

UD 6º

 PREME NA IMAXE PARA LER ESTE LIBRO EN FORMATO ISSU:

ACTIVIDADES INTERACTIVAS: 

AS PITAS BAIXO A CHUVIA.

 

PREME NA IMAXE  PARA LER EN PDF

 

PREMENDO NA IMAXE PODEMOS ACCEDER AO CONTO, Á MÚSICA E A UNHA UNIDADE DIDÁCTICA DO CONTO AS PITAS BAIXO A CHOIVA.

 

 

PREME NA IMAXE PARA  LER O LIBRO DOS BOLECHAS:

 

Premendo na imaxe podedes acceder a LETRAS PARA CONTAR UN PAÍS .

DÍA DA DANZA. LUÍS PREGO

OLAAA rapazada!!!! Como estades??? Que tal vos foi co obradiro de danza do salón virtua???

Hoxe recibimos outra proposta para celebrar o día da Danza, da man doutro colaborador habitual do cole e sempre dun xeito desinteresado.

Coñecédelo practicamente tod@s, el é LUÍS PREGO. Luís leva practicamente toda a vida unido á danza e ao folclore galego. Dende ben pequeno comezou a bailar, baile galego.

Luís é un dos grandes recolledores do folclore galego. Leva case toda a vida percorrendo toda a xeografía galega e tamén as zonas limítrofes de Zamora, León, Asturias e Portugal, indo de aldea en aldea, preguntando e gravando ás persoas maiores.

Hoxe queremos facer unha homenaxe precisamente a esas persoas que tanto e tanto nos ensinan e tan necesarias son para nós como son @s nos@s avós/as e que levamos moitos días sen poder darlle unha aperta.

Luís ademais de ser bailador e mestre de baile galego, tamén é un dos músicos do grupo de música folk Ardentía, que teñen feito concertos por toda a xeografía galega.

El é o director e o mestre de música e baile tradicional galego de grandes grupos como por exemplo o Orfeón Mariñeiro do Berbés ou o grupo de baile de Lourido, entre outros.

Outra das grandes facetas de Luís é de divulgador do noso patrimonio Inmaterial. Ten publicados varios libros-CD con música para nen@s, e non tan nen@s. A canción de "Felisa vai en coche, Felisa en coche vai", coa que saiamos do colexio, está publicada no libro- CD "Para cantar e bailar". Nese mesmo libro-CD está a canción "O señor da serra" e coa que o alumnado de 4º, 5º, Xiana e Sabela, participastes no coñecidísimo programa Luar, da TVG.

Na Radio Picariña, da crtvg, tamén podedes escoitar varias das súas cantigas.

 

 Como xa vos dixen, Luís ten feito un traballo moi importante como divulgador. Un dos traballos máis potentes que e que tivo unha grande repercusión é o proxecto "Un punto ao día con Luís Prego". Publicou un punto do baile galego durante un ano completo. Si, Si 365 puntos de muiñeira, xota, maneos... Un inmenso traballo e legado que publicou na rede, de xeito altruísta. Luís é tremendamente xeneroso!!! Este proxecto foi un anticipo ao que nestes momentos estamos a vivir. Como xa vos contei Luís dá clases de baile, na parroquia de Lourido, e unha das súas alumnas foi a estudar a Compostela. Para que poidera seguir aprendendo os pasos do baile, o seu pai e a súa nai, gravábanlle un vídeo e logo enviábanllo. Así foi como xurdíu este magnífico proxecto que ten como obxectivo que todas as persoas, que o desexaran, poidan a prender a bailar.

Só por isto que vos acabo de contar xa lle debiamos unha homenaxe ao mestre Luís. Pero unha vez máis demostrou o seu carácter máis xeneroso e mandouvos este vídeo cun paso moi sinxelo de muiñeira para que o poidades bailar tod@s.

Estaría xenial que vos gravarades bailando este paso e que nolo mandedes. ANIMÁDEVOS!!! Estes puntos hai que bailalos cunha parella, asique decídelle á mamá ou ao papá que se animen. VIVA O DíA DA DANZAAAA!!!!

 En nome de toda a Comunidade Educativa do CEP Carlos Casares, quero darlle as grazas ao gran mestre e bailador, Luís Prego, polo seu enorme traballo a prol do estudo e da divulgación do folclore e do Patrimonio inmaterial Galego e por estar sempre disposto a colaborar co noso cole e co noso alumnado

MIL GRAZAS POR TODO, LUÍS

DÍA DA DANZA. MERCEDES PRIETO

Ola a tod@sss!!! Como estades???

Como van eses primeiros paseos autorizados logo de tantos días confinad@s???

Sabedes que día é mañá?? Si claro, 29 de abril!!! Pero sabedes que se celebra cada 29 de abril??

O DÍA DA DANZA!!!!

Coñecedes ao grupo Pesdelán? No noso cole temos dous traballos publicados por elas.

Unha das componentes do grupo Pesdelán é Mercedes Prieto. Unha recoñecida mestra especialista de danza. Mercedes está desenvolvendo varios proxectos onde relaciona a danza coas matemáticas, coa arte, ... Mercedes é unha veciña nosa, natural da parroquia de Leirado, que actualmente vive en Salceda de Caselas.

Este ano tiñamos programado un proxecto chamado MUSE onde a través da danza e doutras artes iamos traballar varios aspectos pedagóxicos e de socialización e ela ía ser a artista que nos ía dar os obradoiros. Por mor desta situación houbo que adialo, agardo que poidamos levalo a cabo o vindeiro curso.

Pois mañá, Mercedes e @s súas compañeir@s de Pesdelán van facer un obradoiro de danza , dende o Salón do libro en Pontevedra virtual e vós poderedes danzar no salón das vosas casas.

Que maneira tan marabillosa de celebrar o día da DANZA. Menudo PLANAZO para mañá ás 12 do mediodía!!! FESTAAAAAA!!!!!

 En nome de toda a Comunidade Educativa do CEP Carlos Casares, querémoslle dar as grazas e mandar unha aperta moi forte para Mercedes, por ter a deferencia de facernos este convite, persoal!!

Lembrade...mañá ás 12 do mediodía... TOCA DANZAR EN FAMILIA!!!!

Se vos apetece, podedes gravarvos e logo podemos facer unha montaxe.

Para participar tés qeu entrar no seguintes enlaces:

https://www.youtube.com/channel/UCKa4_z4e9ddQdC1eoprGcBA

https://www.salondolibro.gal/

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut