Skip to Content

Normalización e Dinamización Lingüística

DÍA DE ROSALÍA 2024

O día 23 de febreiro conmemorouse o día de Rosalía, baixo o lema #oamordapatriagalega,  dende o noso centro quixemos celebralo así:

MURAL DE 2º NIVEL DE EP MURAL DE 4º NIVEL DE EP
MURAL 1º NIVEL DE EP

Sabíades que Rosalía de Castro ten unha estrela que leva o seu nome? Forma parte da constelación de OFIUCO e  vai asociada a un planeta, igual que a lúa é unha estrela do planeta Terra, Rosalía de Castro é unha estrela do planeta Río Sar...

O alumnado do 2º nivel, ademáis do mural, decidiu gravar un pequeno vídeo recitando o poema "Has de cantar meniña gaiteira..."

 
Os alumnos e alumnas de 3º nivel gravaron un audio recitando o poema "Adeus ríos, adeus fontes..."
 
 
E por último, o alumnado do 3º ciclo, os máis maiores da escola, graváronse baixo a chuvia para recitar o poema "Adeus ríos, adeus fontes..."

PIM - PAM EXPERIMENTA

Recordades que o curso pasado, o noso alumnado de 6º nivel foi invitado a participar nun programa-concurso da TVG? Nós atrevémonos con todo e alí que levamos aos nenos e nenas a Santiago sin saber moi ben que tiñan que facer. Só nos dixeran que era unha especie de concurso sobre ciencia e que debían levar roupa para cambiarse.

O caso é que unha vez que chegamos alí, gravamos o programa que se chamaba Pim-pam Experimenta, e nunca máis volvimos a saber nada, ata hai uns días que, navigando pola páxina web da RTVG atopamos con que xa se emitira!!! 

O alumnado participante xa non está no centro, pero seguro que lle saberedes facer chegar o enlace para que se poidan ver. Foi divertidísimo!! Aquí vos queda

SAIMOS NA TVG

O día 29 de novembro recibimos no centro dúas visitas. Unha delas eran os nenos e nenas do IES que, coma todos os anos, veñen ver a nosa exposición anual. Tiñamos tres obradoiros preparados: no primeiro, o noso alumnado de 6º nivel facía un pequeno percorrido por todos os recantos de "Lerias e enredos doutro tempo", no segundo e acompañados do mestre Fran, había un pequeno circuito con varios xogos tradicionais, birlos, bólas, rá, zancos... e no terceiro, situado na biblioteca, podía ver a exposición "Xoguetes esquecidos" e había preparado un obradoiro sobre a buxaina.

Pero a segunda visita foi a máis especial, e inesperada. Viu nada máis e nada menos que a TVG a facernos unha entrevista. Queredes ver ao noso alumnado de 6º desenvolvéndose coma verdadeiros expertos diante das cámaras? Sairon no programa A REVISTA do 29 de novembro, a partires do minunto 47:35 . Clicade na imaxe.

LERIAS E ENREDOS DOUTRO TEMPO

O proxecto deste ano do noso centro, xira arredor dos xogos tradicionais e pasatempos dos nosos ancestros. Leva por título "Lerias e enredos doutro tempo" e, como xa é tradición, pedimos a colaboración do alumnado e das súas familias para conseguir xogos e xoguetes de antes de 1990 para a nosa exposición.

Coseguimos de todo, xogos de mesa, educativos, bonecos, tradicionais e electrónicos. O que máis chamou a atención foi o recanto adicado ao mundo das Barbies e o adicado ás videoconsolas, onde puidemos ver a evolución das coñecidas videoconsolas Playstation, dende a primeira que se fabricou ata a Playstation 5, derradeira en saír ao mercado.

Ademáis, este ano, no canto de unha, tivemos dúas exposicións. Puidemos contar coa colaboración de Pepe López e o seu colega Manolo García, grandes estudosos dos xogos tradicionais, para montar, na biblioteca unha segunda exposición, "Xoguetes Esquecidos" adicada aos xoguetes confeccionados con materias naturais, bugallos, cunchas, pólas....

Clicade na foto para ver máis.

PONTE... NAS ONDAS!!!

Por segundo ano consecutivo, a asociación pedagóxica Ponte...Nas Ondas, quixo premiar á nosa escola pola súa participación no certame de Recolla de Imaxes do Patrimonio. Desta volta presentámonos coas fotografías do calendario do curso pasado METEOALXÉN. Eran tantas e tan boas que, por unanimidade e fóra de toda categoría decidiron outorgarnos un premio. A entrega era en Ourense e alí foi, o alumnado de 2º, 5º e 6º por ser os que máis fotos tiñan no calendario. Este ano volveremos a presentarnos coas fotos que traian as familias, gañaremos outra vez?

Pasádevos pola nosa galería para ver a entrega de premios.

APADRIÑAMENTO LECTOR

Este 2º trimestre comezamos co “Apadriñamento lector”. Cada neno e nena de 1º ten un padriño/madriña (alumnado de 5º e 6º ) que lee con el ou ela. O alumnado de 5º e 6º xa é experto nisto do apadriñamento; fixérono nos primeiros días de colexio (setembro) para acompañalos na saída ata o bus e indicarlle a parada na que tiñan que baixar.

Clica na foto para ver máis imaxes desta actividade.

EN NADAL AGASALLA EN GALEGO

Coma cada Nadal, os equipos de bibloteca e dinamización da lingua galega aportan ideas en canto a lecturas e xogos para que o alumnado do noso centro poida incluír nas súas cartas aos Reis Magos. Dende o CEP Carlos Casares desexámosvos boas festas e próspero aninovo.

 

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Nos recreos das últimas semanas  na biblioteca levouse a cabo un taller de adornos de Samaín. Fixemos teas de araña con bolsas de basura e montamos un recanto con libros de  temática terrorífica.

Álbum: CURSO 23-24 -> BIBLIOTECA NO SAMAÍN

PROXECTO "HOXE VÉN AO COLE..."

O alumnado do segundo ciclo estamos a traballar no proxecto de centro "Lerias e enredos doutro tempo" e para iso pedimos a colaboración das familias para que nos contarán como pasaban eles o tempo cando eran nenos/as. O martes, 17 de outubro acompañounos o avó de Mateo Ramilo de terceiro. Contounos que cando él era cativo non se podían mercar xoguetes polo que tiñan que botar man da súa imaxinación e fabricalos eles mesmos con materiais naturais: madeiras, trapos,... Tamén nos contou que coma as tardes de outono eran longas, para entreterse e facelas máis curtas facían concursos de quen degranaba máis carozos de millo ou quen conseguía máis raíñas, que son aquelas espigas que teñen millo de varias cores.

Aproveitamos a ocasión para ensinarlle o noso horto e que nos dese consellos sobre os coidados que necesitan as plantas para vivir e as distintas formas de sementar. 

 

Esta actividade foi moi motivadora e interesante para os nenos/as polo que estamos agardando a próxima visita.

 

Álbum: CURSO 23-24 -> HOXE VÉN AO COLE

XOGOS INTERACTIVOS

Distribuir contido


by Dr. Radut