Skip to Content

Normalización e Dinamización Lingüística

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Arrancamos un novo curso cheo de novas experiencias e aprendizaxes, entre elas, as relacionadas co proxecto anual do noso centro, este ano relacionado coa meteoroloxía e climatoloxía "METEOALXÉN".

O día 11 de outubro coa Inauguración da nosa biblioteca, tivo lugar a lectura do xa tradicional pregón co que se anunciou dito proxecto e no que nos falaban das normas de uso e horario da biblioteca do centro. Antes, tivemos que facer unha selección de pregoeiros, pregoeiras e tamborileiros, foi unha decisión moi difícil e ao final os elixidos foron:

Valeria de 6º, Martín de 2º e Pedro de 1º como pregoeiros/as e Xiana de 6º e Edi de 5º como tamborileiros. Fixérono requetebén!!

.       

       

 

 

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

RECOMENDACIÓN LECTURAS PARA O VERÁN

Deixámosvos unha pequena recomendación de libros para ler este verán. Escollede o que máis vos guste e desfrutade!!! BOA LECTURA

Clica no adxunto se o queres ver máis grande.

ESPECIAL LETRAS GALEGAS

Na semana das letras galegas o alumnado de 5º nivel preparou un programa especial dedicado a D. Florencio Delgado Gurriarán, escritor valdeorrés homenaxeado este ano. Contaron cousas moi interesantes da vida deste autor, non o perdades! BOA ESCOITA

NÉBOA 2022

Extra! Extra!! Xa está aquí!! Xa chegou!! A tan esperada e ansiada por toda a nosa comunidade escolar, REVISTA NÉBOA 2022!!!

Esta curso, como poderedes comprobar, hai novidades, está impresa a toda cor!!! Se xa antes era bonita agora é preciosísima!!!

Ven cargadiña de historias, historias de antigos/as alumn@s, resumos de saídas, traballos, obradoiros... Non deixedes de botarlle un ollo, ao mellor hai alguna historia sobre vós...

Clicade nos arquivos adxuntos para visualizala.

            

A AUGA NO PATRIMONIO CULTURAL DA CONTORNA

Como o proxecto de centro deste curso é sobre a auga e cousas relacionadas con ela, pontes, fervenzas, muíños... o alumnado de valores do 3º nivel fixo un traballo de investigación sobre todo ese tema. Buscaron adiviñas, refráns e cantigas que tiveran como tema principal a auga e ademáis deseñaron un pequeno dicionario de imaxes coas súas correspondentes definicións. se vos apetece, poderedes consultalo na biblioteca do centro.

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. LETRAS GALEGAS 2022

Florencio Delgado Gurriarán nace en Córgomo, no concello ourensán de vilamartín de Valdeorras, o 27 de agosto de 1903, no seo dunha familia acomodada. sexto dos fillos do matrimonio, foi poeta, editor, corrector e tradutor, escribiu artigos de prensa e traballos de léxico. Foi tamén un extraordinario activista político e cultural, un dos principais intermediarios entre a Galicia exiliada en México e Galicia interior e ponte de unión coa intelectualidade doutros países.

Se queredes saber máis sobre este autor ao que se lle adica o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022, aquí tedes un montón de xogos e enlaces. DESFRUTADE!

REAL ACADEMIA GALEGA

RAG 1

RAG 2 BIOGRAFÍA

VÍDEOS PARA APRENDER SOBRE FLORENCIO

Florencio Delgado. Letras Galegas 2022

Héctor Cajaraville fala de Florencio

VIDA E OBRA DE FLORENCIO. COLEXIO SAN PÍO X (OURENSE)

APRENDO XOGANDO

Sobre o día das letras galegas

Xogo de Ganially que no achega Pilar Ponte onde podes descubrir canto sabes de Florencio, da súa vida, da súa obra e do importante papel que tivo na época que lle tocou vivir.

Xogo

AS AVENTURAS DE FLORENCIO

Para atinarnos coas respostas axeitadas sobre as Letra Galegas e o homenaxeado deste 2022, hai que andar ben espelido neste videoxogo creado polo EDLG Ghafos do CEP Campolongo. Probade a disparar e veredes.

O EDLG do CEP Campolongo achéganos un xogo de parellas sobre os personaxes aos que se lles adicou o Día das Letras Galegas, incluído xa o deste ano, Florencio Delgado Gurriarán.

O Seminario Galán ofrécenos "O libro de lapelas de Florencio Delgado" con información variada do autor: biografía, fotos, obra, textos...

APRENDO XOGANDO: POEMAS 

A Caldeira

A Pandeirada

Os trintas

PARA IMPRIMIR EN PAPEL

UNIDADES DIDÁCTICAS EN PDF

  1. UD 1
  2. UD 2
  3. UD 3
  4. UD 4
  5. UD 5
  6. UD 6

MARCAPÁXINAS

BIBLIOGRAFÍA

DÍPTICO

POEMAS

CUESTIONARIO

VISITA AUTORES

Por fin, despois de dous anos de parón por mor das medidas COVID do centro, volven as visitas ao centro de escritores galegos.

Tocoulle o turno a Érica Esmorís para 2º e 3º ciclo e ao Hematocrítico para 1º ciclo.

Cada nivel lle pediu aos Reis Magos un libro do escritor correspondente e realizou traballos plásticos para decorar o salón de actos o día da súa visita.

Clicade aqui para ir á nosa galería de fotos dese día.

DIA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro foi o día de Rosalía e para celebralo sumámonos á proposta da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) co lema #sementade Pensamentos.

Entre todos os cursos decoramos un pensamento que colocamos no corredor. Mirade que bonito nos quedou.

Cada nivel decorou e escribiu versos no seu pétalo. Como os pensamentos só teñen 5 pétalos e somos 6 cursos, ao primeiro nivel tocoulle decorar o talo.

Ademáis, durante a semana do 21 - 25 de febreiro cada curso plantou pensamentos na súa parcela do horto. Clicade aqui para ir á nosa galería de fotos.

 

30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O alumnado de segundo, con motivo do día da paz e non violencia realizou unhas boitas nubes de palabras en forma de pinga de auga co programa WORD ART nas que escribimos palabras significativas relacionadas coa PAZ. Aqui podedes ver o bonitas que quedaron.

Distribuir contido


by Dr. Radut