Skip to Content

Benvida

 

Web do Espazo abalar Acceso á E-Dixgal Concello Educación Servizo de Videoconferencia Webex
Blog da Biblioteca

Concilia verán 2023 Concello de Ourense

Xa están publicados os prazos e toda a información sobre as ACTIVIDADES CONCILIA VERÁN organizadas polo Concello de Ourense.

Neste centro impartiranse campamentos xestionados polo Concello durante os meses de xullo e agosto.

Premede na imaxe para acceder a toda a información.

Exposición hórreos

Nestes días as nenas e nenos están recibindo unha charla e vendo unha exposición sobre hórreos e tipos de cereais ubicada na biblioteca do cole.

Actividade dinamizada por Arturo, agradecerlle toda a súa implicación.

Premede na imaxe para ver máis.

 

 

"FEO" de Caramuxo teatro.

Hoxe o alumnado de infantil, asistiu ao auditorio municipal para ver a obra de teatro "FEO" da compañía Caramuxo teatro, dentro do programa de actividades escolares Afundación. 

Inspirado no conto "O Parrulo Feo" de Hans Christian Andersen. A pequena fábrica de parrulos de goma (Papero Giallo) produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un día sae un parrulo diferente... 

A obra é un canto á diversidade e á reivindicación da esencia propia, incidindo na importancia de coñecérmonos e aceptármonos como somos.

 

 

A SEDA E OS SEDEIROS DE GALICIA

Clase de historia e ciencias - A seda, orixe, historia e fabricación. 

Pepe Vieito achegouse ao cole a falarnos da seda. Comezou cun breve percorrido pola historia da seda, a ruta da seda, a chegada da seda á península, do gremio da sedaría en Monforte, do ciclo vital dos vermes e da fibra que se obtén.

Contounos que a industria da seda foi introducida en Galicia, polos monxes beneditinos na Ribeira Sacra no s. XIV e que os condes de Lemos impulsaron esta arte de luxo. 

Dos vermes de seda tamén aprendemos moitas cousas, a súa vida curiosa e breve, a súa fame voraz e selectiva (só follas de moreira), a obtención da seda... 

Algo  que nos sorprendeu a todas/os foi saber que os vermes xa non son quen de sobrevivir en liberdade, ao levar tantos séculos sendo alimentados e coidados, esqueceron o seu instinto de supervivencia.

Seda e sedeiros de Galicia

Para saber máis lede este artigo de Pepe publicado na Revista Raigame núm XVIII "O cultivo da seda en Galicia"

 

MURO

Por aquí presentamos de maneira oficial o novo muro do noso colexio.

Estamos encantados con esta mellora. 

Agradecer ao Concello de Ourense, a Camilo (grafitero), á ANPA e a todo o persoal implicado.

Tocade na imaxe para ver aos diferentes grupos. Pouco a pouco iremos engadindo os que faltan.

"Garavanciño come saniño"

O xoves 4 e 11 de maio tocoulles ás rapazas e rapaces de 1º, 2º e 3º de Primaria recibir a visita da nutricionista do Centro de Saúde para realizar a actividade "Garavanciño come saniño".

Tratouse dunha charla e obradoiro de xogos didácticos nos que traballaron a pirámide dos alimentos e a dieta equilibrada.

Toca na imaxe para acceder á galería.

Los Emonstruítos

Os pasados 5 e 8 de maio todo o alumnado de Infantil e Primaria recibiu a visita dos EMOSTRUITOS. Obradoiro da Fundación MAPFRE no que se traballa o recoñecemento das emocións.

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA ESCOLAR 2023

 

Estimadas familias e demáis membros da comunidade educativa:

A Consellería de Educación, dentro do marco da estratexia de convivencia para o período 2021-2025 elaborou un cuestionario co obxectivo de recoller datos que permitan analizar o estado da Convivencia Escolar nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galiza. O cuestionario está dirixido a todos os membros da nosa comunidade educativa.

COLECTIVOS PARTICIPANTES:

  • Alumnado: todo o alumnado a partir de 5º de Educación Primaria (5º e 6º de Primaria, ESO, FP Básica, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas de Persoas Adultas, Ensinanzas de Réxime Especial, etc).
  • Profesorado: todo aquel que imparte docencia no centro educativo durante o curso académico completo.
  • Persoal non docente: todo o persoal non docente do centro educativo.
  • Familias: todas as familias responsables de alumnado con idades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, cubrindo un cuestionario por familia e centro educativo.

Poderán  acceder á aplicación ConvivenciaXestion e cumprimentar os cuestionarios en liña nas seguintes ligazóns. As claves de acceso seranlle facilitadas polo centro educativo, mañá mercores, día 10 de maio.

"Recollida de datos para o alumnado de Educación Primaria"

https://edu.xunta.gal/convpri

"Recollida de datos para o alumnado que require asistencia e fai uso do cuestionario pictográfico"

https://edu.xunta.gal/convee

"Recollida de datos para o profesorado"

https://edu.xunta.gal/convdoce

"Recollida de datos para o persoal de administración e servizos"

https://edu.xunta.gal/convpas

"Recollida de datos para as familias"

https://edu.xunta.gal/convfamil

O prazo para cubrir o cuestionario remata o día 22 de maio de 2023.

Recomendámoslle a lectura da seguinte guía para responder a enquisa antes de entrar na aplicación.

Por último, para calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto coa dirección do centro.

 

 

Piragüismo Dragón

Onte as rapazas e rapaces de 6º puideron disfrutar da actividade de Piragüismo Dragón no entorno do Club Náutico de Castrelo de Miño. Xornada organizada polo servizo de deportes e integrada no programa XOGADE.

Unha nova experiencia na que nos familiarizamos e iniciamos nos deportes de auga á vez que traballamos en equipo e nos divertimos.

Pinchade na imaxe para ver máis fotos.

 

Os Maios

Durante esta semana o alumnado de 6º  trouxo flores, fiuncho, xestas e fento  e decoraron o Maio. Tamén escribiron coplas.

Os Maios

Música: Maios- Habelas Hainas

COPLAS DOS MAIOS 2023

 

Distribuir contido


by Dr. Radut