Skip to Content

Benvida

 

Web do Espazo abalar Acceso á E-Dixgal Concello Educación Servizo de Videoconferencia Webex
Blog da Biblioteca

Anaya

 

Os alumnos/as e mestres de 3º, 4º, 5º e 6º de EP desfrutamos dun contacontos "Alma y la Isla", ofrecido pola editorial misioneira e a editorial Anaya para a clase de Relixión católica.

"Alma y la isla" é un libro de Mónica Rodríguez con Ilustracións de Ester García. Resultou gañador do XIII Premio Anaya de Literatura Infantil y Juvenil, 2016; White Ravens, 2016 e Finalista del Premio Fundación Cuatrogatos, 2017.

Este conto fomenta valores moi importantes como son a educación para a convivencia e a educación multirracial, a amizade, o amor, a lealdade e a xenerosidade entre outros.

Pica na foto para ver algúns momentos da narración.

 

Máis información no blog da biblioteca: A sombra do érbedo

Grazas por compartir con nós esta celebración, o seguinte vídeo recolle distintos momentos das actuacións:
EI- Representaron o conto “Un agasallo diferente”,  cantaron a panxoliña “O Nadal e o Boneco” e “Snowflake”.
1º- Seráns de baile tradicional: “Auga leva o regadinho” (danza portuguesa) e a canción xogo en inglés: Hocky Pocky
2º- Bailaron e cantaron a  panxoliña “Polo nadal turrón e mazapán!!”
3º- Cantan,  acompañan con lingua de signos e bailan a panxoliña “O pelo roxiño” 
4º- Interpretan con instrumentos de lámina “Jingle Bells” e bailan un "Twist de Nadal"
6º- Interpretan a canción tradicional Irlandesa “I saw three ships” coa frauta e versionan a canción “Ob La Di Ob La Da” dos Beatles
 

As tarxetas de Antía de 3 anos e Ailyn de 5º EP foron as escollidas para felicitar o Aninovo ás familias:

Tarxeta Antía          Tarxeta Ailyn  

Se premes na imaxe verás unha escolma das tarxetas presentadas por todas as clases:

felicitacións vh

 

Esperámosvos!
Xa temos todo listo (ou case todo) para celebrar o Festival de Inverno que terá lugar o próximo venres día 21 de decembro ás 11 da mañá.
Será un día cargado de emoción, ledicia e ilusión que nos gustaría que gozarades con todos nós.
O programa é o seguinte: 
                 programa festival                                                                                          
Parabéns aos rapaces e rapazas polo esforzo: foron unhas semanas cheas de exames, traballos e ensaios; agradecemento aos mestres pola flexibilidade e a dedicación e a Mar, Belén e Alex pola súa colaboración. 
 
 
 
 
 
 
 
 
Cartel: Pepe Vieito

ceip vistahermosa contra a violencia

O centro tinguiuse de negro en contra da violencia: cantamos, lemos poemas, haikus, rapeamos e ata creamos unha receita do benquerer a favor da igualdade, da liberdade e en contra dos estereotipos e de calquera tipo de violencia. Entre actuación e actuación cantamos en galego e con lingua de signos o retrouso da canción "A porta violeta" de Rozalén.

O acto rematou coa lectura do poema "Fortuna" de Ida Vitale  (premio Cervantes 2018)

debuxa unha porta violeta

Poema 6º EP - "En negro contra a violencia"

Rap 5º EP - Batallando contra os estereotipos

Dentro dos actos conmemorativos do 25N, expuxemos os carteis elaborados polas alumnas/os de 5º EP coa temática: Batallando contra os estereotipos

 Agradecer as achegas de :

- Jose Bailón, profe de AL, que nos ensinou a signar o retrouso da canción

- Belén Forneiro, encargada do comedor, que realizou o cartel contra a violencia

Vaia festa do Magosto celebramos no cole! Foi unha mañá de xogos, bo rollo, música e por suposto non podían faltar os bolos preñados e as castañas asadas.

Festa do Magosto no CEIP Vistahermosa by Slidely Photo Gallery

Sabela e Rosa, coordinadora de AAEE e profe de EF, organizaron unha divertida mañá de xogos: carreiras de sacos, o pano, a ra, levar a castaña correndo  ou cun  pao de hockey, os zancos, xogos de corda e os birlos. Distribuíron aos rapaces e aos mestres do cole en 9 equipos ou estacións nos que había nenos/as de todos os cursos. Xogabamos durante 5 minutos a cada xogo e iamos rotando á seguinte estación. O obxectivo era pasalo ben colaborando e cooperando cos compañeiros/as e gozar a tope deste día de festa. 

As cabazas ou calacús iluminaron a nosa festa dos mortos. Cada cabaza contaba cunha lenda na que aparecían escritas mensaxes e cantigas terroríficas.

Celebramos o fin de ano celta como manda a tradición: Os celtas colocaban na encrucillada dos camiños caveiras iluminadas para guiar aos seus mortos, xa que nesa noite (do 31 de outubro para o un de novembro) volvían ás súas casas para visitar aos familiares que quedaban. As cabazas talladas con forma de caras, son unha representación daquelas caveiras.

Os rapaces demostraron as súas dotes literarias e escribiron relatos de medo participando no concurso organizado pola biblioteca escolar. Esta é unha mostra dos relatos gañadores. 

Resultaron gañadores: Luís, Ausberto e Delia de 4º e Laura, Izan e Uxía Lois de 5º. Houbo premios para todos os relatos participantes. 

A sombra do érbedo: O Samaín

Lisa no Samaín, é unha actividade que forma parte do proxecto Viaxamos a Italia. O eixe central deste traballo interdisciplinar en plástica, foi dar a coñecer un dos grandes xenios da historia: Leonardo da Vinci na súa faceta de pintor, escultor e inventor.

Estes son os produtos finais 

PROXECTO INTERDISCIPLINAR DE CENTRO: Viaxamos á Italia

Italia é a primeira viaxe do curso. Na clase de música disfrutamos moito con este proxecto e aproveitamos para aprender esta canción-xogo popular italiana. Hai que estar en forma para bailala!, este reto non foi nada para as nenas e nenos de 2º.

Ciao Belinda, está cantada en italiano e galego polas rapazas e rapaces de 5º EP. 

Ciao Belinda from Ceip Vistafermosa on Vimeo.

Home de vitruvio

Proxecto Viaxamos a Italia

Comezamos o proxecto traballando coas proporcións do rostro e do corpo. Foi así como demos co estudo das "Proporcións ideais do corpo humano ou O Home de Vitruvio" de Leonardo da Vinci.

Da Vinci, baseouse nun texto do arquitecto romano Marco Vitruvio Polion (s. I a. C.), onde se mencionan diversas proporcións presentes no corpo humano. No debuxo, Leonardo represéntase a si mesmo espido e en dúas posicións sobre impresas de brazos e pernas, inscrito nun círculo e nun cadrado. O debuxo tamén é considerado símbolo da simetría básica do corpo humano.

 
Estas son algunhas das notas de Leonardo da Vinci que determinan as proporcións do seu corpo:
  • "Unha palma é a anchura de catro dedos.
  • Un pé é a anchura de catro palmas.
  • Un antebrazo é a anchura de seis palmas.
  • A altura dun home son catro antebrazos (24 palmas).
  • A lonxitude dos brazos estendidos dun home é igual á súa altura.
  • A altura da cabeza ata o final das costelas é un cuarto da altura.
  • A anchura máxima dos ombreiros é un cuarto da altura.
  • A distancia do cóbado ao extremo da man é un quinto da altura.
  • A lonxitude da man é un décimo da altura".
Nós fixemos este debuxo en 5º e 6º. Os voluntarios foron Laura e Iván. Repasamos o seu contorno nas dúas posicións e inscribímolos no cadrado e no círculo
Fontes consultadas:
http://duracreatividad.blogspot.com/2013/03/el-hombre-de-vitruvio.html
Distribuir contido


by Dr. Radut