Curso 2021-22

SAMAÍN 2021

O venres 29 de outubro celebramos no cole, como é costume, o Día das Cabazas xunto coa exposición de cestas con produtos típicos do outono que estiveron decorando a entrada do patio cuberto e unha sala de informática que daba moito medo!!!! Cada familia participou traendo ao cole unha CESTA e/ou unha CABAZA. Moitas grazas pola vosa colaboración 

Ahí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos:

TALLERES IGUALDADE: "EXCELENTES MULLERES CIENTÍFICAS"

Ben queridas familias:

A Federación de ANPAS do Val Miñor (FAVALMI) realizará durante os próximos meses unha serie de xornadas, charlas informativas e talleres sobre igualdade. O primeiro obradoiro activo e participativo “Excelentes Mulleres Científicas” terá lugar este sábado 25 de setembro no local 18 do centro de desenvolmemento local de Gondomar as 12h. Será preciso a inscripción previa. Non faltedes!

A ANPA

 

Descarga aquí o cartel

 

DOCUMENTOS COVID-19 - CURSO 2021-22

CONSULTA NA GUÍA RÁPIDA OS DOCUMENTOS COVID DO CENTRO:

  - PROTOCOLO COVID (versión 06/07/2021).
  - PLAN DE CONTINXENCIA COS HORARIOS DAS AULAS EN CASO DE CONFINAMENTO (versión 06/07/2021).

  

HORARIOS REUNIÓNS FAMILIAS INICIO DE CURSO

Estimadas familias:

No seguinte cadro podedes consultar os horarios das reunións de inicio curso coas titoras dos vosos fillos e fillas. Será importante a vosa asistencia e puntualidade (1 familiar por alumno/a). As reunións celebraranse no salón de actos.

 


PROGRAMA DE EDUCACIÓN DIXITAL E-DIXGAL EN 5ºEP E 6ºEP

O proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) ten como obxecto favorecer o desenvolvemento de proxectos integrais de educación dixital, facilitando aos centros a dispoñibilidade de materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto curricular de 5º e 6º de Educación Primaria, para o cal cada alumno/a utilizará un portátil na aula. Neste curso aplicaremos o programa en 5ºEP e 6ºEP e, tanto o profesorado como o alumnado, desenvolverán a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe. Para obter máis información podes visionar o vídeo e descargar o folleto informativo:

 

                        

 

Na seguinte páxina https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal recóllese toda a información relacionada co Proxecto E-Dixgal: centros participantes, información para as familias, datos de contacto do Soporte Premium, etc.

Distribuir contido