PROGRAMA DE EDUCACIÓN DIXITAL E-DIXGAL EN 5ºEP E 6ºEP

O proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) ten como obxecto favorecer o desenvolvemento de proxectos integrais de educación dixital, facilitando aos centros a dispoñibilidade de materiais dixitais cos que poidan desenvolver o seu proxecto curricular de 5º e 6º de Educación Primaria, para o cal cada alumno/a utilizará un portátil na aula. Neste curso aplicaremos o programa en 5ºEP e 6ºEP e, tanto o profesorado como o alumnado, desenvolverán a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe. Para obter máis información podes visionar o vídeo e descargar o folleto informativo:

 

                        

 

Na seguinte páxina https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal recóllese toda a información relacionada co Proxecto E-Dixgal: centros participantes, información para as familias, datos de contacto do Soporte Premium, etc.

AdxuntoTamaño
folleto_edixgal_21_22.pdf684.71 KB