Curso 2021-22

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2022

Hoxe día 28 de xaneiro festexamos o Día da Non Violencia e da Paz no cole, botando os ingredientes á mellor sopa do mundo, "Sopivincios pola Paz". Tamén podedes escoitar o conto de Susana Isern "A mellor sopa do mundo" picando aquí.

No seguinte vídeo podedes ver como festexamos este día:

NOVO PROTOCOLO COVID VERSIÓN 6 DO 14/01/2022

Xa podedes consultar o novo Protocolo Covid no ámbito educativo de Galicia. Ante calquera dúbida, podedes comunicar co Centro. Pincha no documento:

 

 

Gañadores da cesta de Nadal

O martes 22 de decembro pola mañá fíxose entrega da Cesta de Nadal que sorteaban os nenos e nenas de 5° e 6° para reunir fondos para a súa excursión de fin de curso. 

 

Noraboa familia!!! 

POSTAL DE NADAL 2021

A postal de Nadal gañadora do Concurso 2021 foi para a aula de 4 anos, grazas por agasallarnos con esta fermosa postal!!!

BO NADAL!!!

 

Educación Infantil, 4 anos

ACTUACIÓN DE MARÍA FALTRI PICADISCOS

Hoxe 20 de decembro tivo lugar a actuación de María Faltri, picadiscos de música infantil.  Amenizounos con unha escolla da mellor música infantil galega e os nenos e nenas do cole non deixaron de cantar e bailar. Pasámolo en grande!!!

Dámoslle as grazas a ANPA pola actividade que organizaron e subvencionaron e polos agasallos lectores de Nadal, xa que cada neno/a foi obsequiado cun libro. Felices Festas para todos e todas SorrisoSorrisoSorriso!!!

 

Cesta de Nadal

Este curso os nenos e nenas de 5º e 6º de E. Primaria estiveron vendendo rifas para sortear esta cesta de Nadal valorada en aproximadamente 160 euros.

O diñeiro recadado coas rifas será destinado a sufragar a súa excursión de fin de curso. 

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración. Moita sorte!!

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES "CADA NENO/A UN XOGUETE"

A Asociación Bombeiros do Morrazo vai facer unha recollida de xoguetes novos e usados en colaboración coa ONG Stop, dentro da campaña solidaria "Cada Neno/a un Xoguete". Os xoguetes repartiranse a través de asuntos sociais por toda Galicia para familias sen recursos, tamén irán a Palma e Siria. A recollida farase no parque de  Bombeiros do Morrazo, polígono industrial Castiñeiras, e as datas serán do 4 ao 14 deste mes de decembro. O colexio tamén colaborará recollendo os xoguetes das familias que non poidan desprazarse ata os puntos de recollida e que podedes consultar nas imaxes.

Animámosvos a participar!!! 

Grazas pola vosa colaboración.

 

          

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 

A maioría dos centros educativos do Val Miñor colaboramos na elaboración deste vídeo bailando a canción de Pau Donés, "Eso que tú me das".

"Di capacidade, non discapacidade", posto que as persoas con discapacidade son persoas que teñen unhas capacidades diferentes.

"Seica non somos todos distintos e especiais?"

Moitas grazas ao Centro Juan María de Nigrán por deixarnos participar neste fermosísimo vídeo!!!

AXUDAS PARA A REPARTICIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Estimadas familias:

A Consellería de Educación publicou a Orde que regula as bases para a repartición de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria.

Será beneficiario aquel alumnado:

1.Que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar na última convocatoria.

2.Que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero que:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22, é dicir, aquela familia que recibiu cheque de material escolar para este curso non terá que presentar nada, enténdese que está admitida.

Descarga aquí o Anexo I e II da solicitude e a nota informativa coas instrucións de como proceder.

MAGOSTO 2021

Despois de tantos anos realizando o Magosto no merendeiro do Monte Galiñeiro, seguimos notando a ilusión que esperta nos nenos e nenas do cole. Foi día de corretear polo monte, de comer castañas asadas, de inventar cabanas, de visitar os petróglifos, de ver as cores do outono, o olor a fume e sentir o ben que o pasamos. Foi o venres 5 de novembro, día inolvidable!!!

 

Distribuir contido