Curso 2010-11

PANXOLIÑA 2º

sentímolo, flash non está dispoñible.

FESTIVAL DE NADAL: Panxoliña 1º

sentímolo, flash non está dispoñible.

FESTIVAL DE NADAL: Panxoliña Ed. Infantil

sentímolo, flash non está dispoñible.

Bo Nadal!

 As nenas e os nenos de 4 anos desexámosvos....Bo Nadal!

A NOSA PARROQUIA

sentímolo, flash non está dispoñible.

MERRY CHRISTMAS

Esta é a panxoliña que aprendemos este ano na aula de Inglés. Bo Nadal e Feliz Ano!

 

XORNADA DEPORTIVA CO COLEXIO ANXO DA GARDA

O mércores 15 de decembro visitounos o Colexio Anxo da Garda de Nigrán para compartir, durante case toda a mañá, unha xornada deportiva onde os nenos/as de 4º, 5º e 6º xogamos ao hockey, bádminton, brilé, fútbol, voleibol, balonmán e baloncesto. O máis salientable desta actividade foi o exemplar comportamento dos dous colexios tanto dentro como fóra da pista e comprobar os valores que transmite o deporte. Parabéns!!!

No vídeo de arriba podemos comprobar o ben que o pasamos.

sentímolo, flash non está dispoñible.

1º CONCURSO DE LECTURA EN VOZ ALTA

O día 21 de setembro convocouse desde a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, o I Concurso de Lectura en voz alta "Ler e escoitar", destinado ao alumnado de 3º Ciclo de Primaria e 1º Ciclo de ESO.

Neste centro participamos, resultando finalista, Martín Vilas Vicente, xunto con outros 4 alumnos de distintos centros de toda Galicia.

Estes alumnos están convocados a un acto de lectura pública que terá lugar o día 16 de decembro, en Santiago de compostela, no que se resolverá a fase final do concurso.

Se queredes máis información (premede aquí)

BOA SORTE MARTÍN!

Seguiremos informándovos.

O Samaín

 

Chegou o Samaín e nós pasámolo en grande: Decoramos a escola con vampiros,  morcegos e cabazas monstruosas

 
 

picamos o morcego

Fixemos unhas deliciosas e terroríficas arañas.

 

Arañas con galletas e lacasitos

Decoramos unha cabaza e observámola por dentro.

 

 
 
 

Asustamos a todos coas nosas carautas.

 
 

UUUUUUUUUUU!!!!!!!!!!!

 
Celebramos o Samain

Coñecemos a nosa parroquia

Os nenos e nenas do 1º ciclo visitaron La Melosa, unha pastelería- confitería de Vincios na que podemos degustar uns doces deliciosos.

Alí realizaron a súa investigación: como se traballa nunha pastelería, que preparan en La Melosa, en que consiste o seu traballo, cantas horas teñen que lle dedicar...

pastelería Vincios        cociñamos

 

Foi moi instructivo e, ademais, os nenos e nenas ata cociñaron e degustaron, estaba todo boísimo.

cociñamos

Grazas a La Melosa pola súa colaboración, aprendemos moito. 

Aprender pode ser moi divertido! 

cociñamos

 

Distribuir contido