Curso 2010-11

5 ALUMNOS DO CEIP SERRA VINCIOS CHEGARON Á FASE FINAL ZONAL VIGO-VAL MIÑOR DE BÁDMINTON

Gran actuación neste campionato do día 26 de marzo de Mauro (2º), Noemi (4º), Miguel (6º), Juan Carlos (6º) e Gael (6º). Premede neste enlace para ver as clasificacións finais.

DAYS OF THE WEEK

MONTHS OF THE YEAR

THE ALPHABET

Aprende o nome das letras do alfabeto en Inglés con esta "alphabet song".

 

 

PARTICIPAMOS NO VI TORNEO ESCOLAR DE BADMINTON DO VAL MIÑOR

Nas instalacións do Pavillón Municipal de Baiona, o día 11 de marzo organizamos unha nova edición do Torneo Escolar do Val Miñor de Bádminton clasificatorio para o provincial escolar onde participaron máis de 140 escolares da nosa comarca. Boa representación do CEIP Serra Vincios acadando resultados moi positivos. Grazas a todos os alumnos e alumnas que acudiron á cita. Premede na imaxe e aparecerá o cadro de vencedores:

 

XORNADA DEPORTIVA CO COLEXIO ESTUDIO

O pasado mércores 23 de febreiro 4º, 5º e 6º visitou o Colexio Estudio de Nigrán para compartir outra xornada deportiva. Xogamos ao hockey, bádminton, brilé, fútbol, voleibol, balonmán, baloncesto, lanzamento de xavelina e tenis de mesa. Sinalar o bo comportamento dos dous colexios e o ben que o pasamos. Fixemos novos amigos e amigas!!!

 

ENTROIDO 2011

LETRA I 

VINCIOS: A NOSA PARROQUIA

Music Land (1935)

Esta semana empezamos a coñecer o mundo do jazz.

2ª XORNADA NON COMPETITIVA ESCOLAR DE BADMINTON

O 4 de febreiro participamos na 2ª xuntanza non competitiva de bádminton con escolares do Val Miñor. Serviu de adestramento para o torneo escolar de bádminton que se desenvolverá o 11 de marzo de 2011. Temos que dar as grazas a Mauro de 2º, a Noemi de 4º, a Alex de 5º e a Juan Carlos, Miguel, Estela e Aroa de 6º pola súa participación. Esperamos que para o torneo haxa máis representación do cole.

 

 

DÍA DA PAZ 2011

O 31 de xaneiro, celebramos no cole,

O DÍA DA PAZ

Fixemos mensaxes en pombiñas, que metemos noutra grande como se fose unha piñata, logo, os gañadores do concurso de poesías da Paz, tiraron dos lazos e soltaron as pombas. Cada neno, nena colleu unha mensaxe, e logo cantamos a canción da Paz "Cantemos collidos das mans este son..."

Aquí podedes ver as fotos:

 

Distribuir contido