Curso 2010-11

XOGOS POPULARES DO VAL MIÑOR 2011

281 alumnos/as de 4º de primaria de todo o Val Miñor xuntámonos o día 25 de maio no campo de fútbol de Gondomar para realizar un circuíto de 18 xogos populares. Fantástico!!!

De excursión

Hoxe todos os nenos e nenas de Educación Infantil fomos de excursión ao parque de bólas Indiana Bill.

Pasámolo xenial! Non só nos deleitamos cunha xornada lúdica en compaña dos nosos amiguiños e amiguiñas, senón que tamén fixemos moitísimo exercicio... (escalamos, tiramos polos tobogáns, xogamos coas bólas...)

Indiana Billa

Ademais fomos ao Centro Comercial Ramallosa para ver a exposición de Cartel e Lema. Alí estivemos buscando os nosos carteis e... atopámolos!

Cartel e lema

Distribuir contido