Skip to Content

A ilustradora Jutta Bauer recibe o premio Andersen 2010

Este ano 2010, que foi declarado Ano do Libro e a Lectura en Galicia, celebrouse o Congreso Internacional do IBBY en Santiago de Compostela, o que representa a xuntanza máis importante de persoas (escritores/as, ilustradores/as,...) relacionadas coa literatura infantil.
Pero..¿que é o IBBY? Pois é unha asociación internacional composta por outras moitas agrupacións e persoas de todo o mundo que traballan para promocionar a literatura infantil e xuvenil.

Cada dous anos estas persoas reúnense para coñecerse, intercambiar ideas e traballar conxuntamente para a difusión da literatura infantil.
Nestes congresos, ademais, entréganse os premios máis importantes da literatura infantil; entre eles o Premio Hans Christian Andersen (case equivalente  a un premio Nobel), que se lle entrega a un autor/a e a un ilustrador/a polo conxunto da súa obra.

No congreso celebrado este mes de setembro en Santiago concedeuse o premio Andersen a Jutta Bauer, unha fántastica ilustradora, cuios libros podemos disfrutar na nosa biblioteca.

Preme aquí para coñecer algo máis sobre ela.



page | by Dr. Radut