Skip to Content

Centenario do nacemento de Miguel Hernández

Este ano 2010 celebramos o centenario do nacemento dun gran poeta español, Miguel Hernández.
 
Nacido en Orinuela nunha familia humilde, tivo poucos anos de formación escolar, debido á necesidade de axudar ao seu pai co rabaño de cabras do que vivía a familia; pero a súa sensibilidade fixo que continuara escribindo poesía ademais de ser pastor de cabras.
 
A súa poesía trata do amor, a morte, a guerra e a inxustiza, temas que coñeceu e experimentou con intensidade.
 
Comunista dende os 26 anos, loitou no bando republicano durante a guerra civil española. Foi apresado e condenado a morte polos fascistas victoriosos; pero ante as protestas, conmutóuselle a pena por cadea perpetua. No cárcere continuou escribindo ata morrer de tuberculose con 31 anos.
 
Nesta páxina web podes ler moitos dos seus poemas (preme)
 
Para la libertad

Para la libertad sangro, lucho y pervivo.
Para la libertad, mis ojos y mis manos,
como un árbol carnal, generoso y cautivo,
doy a los cirujanos.

Para la libertad siento más corazones


que arenas en mi pecho. Dan espumas mis venas
y entro en los hospitales y entro en los algodones
como en las azucenas.
 
Este poema pertence a " El hombre acecha". Escoitade a canción composta por Serrat, que puxo música a moitos dos seus poemas.


page | by Dr. Radut