Skip to Content

DÍA DO LIBRO

Como cada curso, o 23 de abril "día do Libro", é unha data, que consideramos moi importante conmemorar coas crianzas. Unha actividade que sempre repetimos porque consideramos educativa e ademais lles gusta moito é o "apadriñamento lector"; alumnado de 5ºEP apadriñaron a crianzas de infantil e os de 6ºEP a crianzas dende 1º a 4º de educación primaria compartindo a lectura dun conto, fomentando as interacións internivel, así como a competencia lectora.

Daba gusto ver a todo o alumnado repartido polo patio compartindo momentos de lectura e conversa, así como ver aos maiores coidando das crianzas pequenas a quenes apadriñaban; fomentando a responsabilidade, o compañerismo, o respecto,...

 

 

Tamén se deseñaron marcapáxinas nas aulas, que podían ser para sí mesmo ou intercambialo como agasallo entre o grupo. Ex:



page | by Dr. Radut