Skip to Content

Buscando a Paz

Buscando a Paz
Había unha vez un rei que ofreceu un premio a aquel artista que puidera captar nunha pintura a paz perfecta. Moitos artistas intentárono. O rei observou e admirou os traballos pero só dous lle gustaron realmente e tivo que escoller entre elas.

A primeira pintura era un lago moi tranquilo. Este lago era un espello perfecto onde se reflectían as montañas que o rodeaban. Sobre elas destacaba un ceo moi azul con suaves nubes brancas. Todos os que miraron esta pintura pensaron que en verdade reflectía a paz perfecta.

A segunda pintura tamén tiña montañas, pero eran escabrosas e descubertas. Sobre elas había un ceo furioso do que caía unha forte treboada con lóstregos e tronos. Montaña abaixo retumbaba un espumoso torrente de auga. Todo daba unha sensación de desasosego.

Pero cando o rei a mirou con atención, descubriu trala cascada unha pequena matogueira medrando nunha greta da rocha. Nesa matogueira había un niño. Alí, no medio daquel ruxir da violenta caída das augas había uns paxariños.


¿Paz perfecta? ¿Cal cres que foi a pintura gañadora?

O rei escolleu a segunda. ¿Por qué?
“Porque” explicaba o Rei, “Paz non significa estar nun lugar sen ruídos, sen problemas, sen traballo duro ou sen dor. Paz significa que a pesar de estar no medio de todas esas cousas, saibamos mante-la calma e resolvamos os problemas e diferencias con tranquilidade”



page | by Dr. Radut