Skip to Content

Flores

Boas,

para esta semana as propostas estarán relacionadas coas flores, espero que vos gusten.

 

Inventario de flores.  A idea é que busquedes diferentes flores, cantas máis mellor, e preguntar ou investigar

como se chaman. Logo só tedes que pegalas nunha folla de xornal, folio ou cartolina e escribir o

nome debaixo. Podedes deixar que os nenos o escriban á súa maneira ou axudarllos a compor con letras

recortadas.  Antes de pegalas podedes clasificalas por cores e logo ir observando ao longo dos días

como van cambiando ao secar.

 

HOXE PÍDOVOS AXUDA PARA FACER UN XOGO NESTAS DÚAS ULTIMAS SEMANAS,

PRECISO QUE ME ENVIEDES AO MEU CORREO susana@ramallosa.org  UNHA FOTOGRAFÍA DAS VOSAS PEQUENAS E PEQUENOS DE BEBÉS. ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

 

 

Feliz semana



page | by Dr. Radut