Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE AS TAREFAS, PARA AS FAMILIAS

Ante as dúbidas que estes días nos estades transmitindo, queremos aclarar o seguinte:

- As tarefas que imos propoñendo desde a páxina web ou desde os recursos dixitais dos que dispoñemos (Snappet e Edixgal) pretenden axudar ao alumnado a manterse activo no seu proceso de aprendizaxe dentro da situación tan excepcional que estamos a vivir.

- Aínda que forzada, é unha oportunidade de consolidar as aprendizaxes de todo o traballado ata o de agora.

- Non van ser actividades avaliables, segundo as instrucións oficiais recibidas, pero tampouco podemos adiantar currículo, só en 2º de bacharelato poden facelo.

- O importante é organizar un tempo para adicarlle ás mesmas cada día.

- A cantidade de tarefas a desenvolver estará en función da organización familiar. Non temos que resolver todo o proposto, nin preocuparse polo que non damos resolto. Cada familia, segundo as súas posibilidades, pode tomar decisións para que as nenas e nenos non o vivan con ansiedade, pero si con responsabilidade e compromiso.

- Outras tarefas que vós mesmos organicedes poden ter a mesma importancia (xogos en familia, lectura, actividades plásticas e artísticas...)

- O profesorado está traballando en adaptar os contidos de cada área á nova situación, reducindo aqueles que por distintos motivos teñen menos importancia ou poden ser tratados de xeito alternativo. Por iso, se a situación se alarga máis do previsto, poderíamos propoñer temas novos para traballar que non van ser avaliados, pero que permitirían traballarse na casa durante o tempo de illamento domiciliario.

- Nos cursos de 5º e 6º de primaria temos contacto co alumnado a través da aula virtual de Edixgal. No resto, se queredes facer algunha consulta sobre os materiais que imos propoñendo ou se hai algún problema coas conexións, ao premer no enlace das tarefas de cada nivel aparece no comezo da páxina o correo electrónico do profesorado. O correo das profesoras de ed. Infantil está nos seus blogs. Tamén podedes enviarnos correos electrónicos ao enderezo: incidencias@ramallosa.org

- O contacto telefónico tamén o tedes nesta páxina do centro.

Estamos á vosa disposición. Ánimo e paciencia

EQUIPO DOCENTE



page | by Dr. Radut