Skip to Content

DECORADOS NADAL 2018_19

Este ano, tendo en conta a temática do “Proxecto de Centro”, decoramos o centro reutilizando materiais de refugallo. Así as caixas de ovos, botellas, vasos etc, servíronnos para engalanar os nosos espazos con motivos de Nadal.
Aproveitamos asemade este feito para lembrarlles aos cativos que todos estes símbolos establecidos culturalmente (árbores, grilanda, acivro, estrelas...), non teñen porque ter só un carácter ou interpretación relixiosa. Xa que a meirande parte deles teñen orixe pagana e proveñen de culturas e pobos que veñen de moito máis atrás. Outra cousa moi diferente é que a relixión católica se "apoderara" de moitos destes símbolos reinterpretándoos ou dándolles unha nova simboloxía.

É dicir, que estas festas teñen un compoñente socio-cultural e histórico que non ten porque ir sempre ligado ás crenzas da nosa relixión predominante.
Así, por exemplo, os Celtas e os Romanos (na antiga Roma), celebraban nestas datas o solsticio de inverno. Para os Celtas, a festa recibía o nome de Yule (a palabra yule significa roda). E na antiga Roma, celebraban a Saturnalia (en honra ao deus Saturno).
O solsticio de inverno é o día máis curto do ano porque se trata do momento en que a terra está máis inclinada con respecto ao sol, e por iso recibe menos luz. O Yule orixinalmente duraba trece días, aínda que hoxe en día foron adaptadas á vacacións de nadal e son dezaseis días. O Yule era unha festa con dous conceptos, o concepto da morte e a resurrección do sol, xa que era o momento álxido. Era o momento en que moitas culturas marcan o seu inicio do ano.Veneraban aos seus deuses, e esperaban o nacemento do Rey Carballo, o Rey Sol, o Donador de Vida.
Unha das tradicións máis importantes do Yule era ir de casa en casa, regalando aos teus coñecidos,
familiares e amigos, cravos ( especies). Decoraban o exterior e o interior das súas casas con acivro, hedras (a modo de guirnaldas), e outras plantas ornamentais. A tradición da rama de acivro é unha das tradicións que chegaron ata hoxe en día co mesmo significado. Póñense fóra de casa á beira da porta para que a xente que vaia a pasar o nadal contigo vexa que na túa casa, hai paz e bos agoiros, e que ides pasar unhas boas festas.
A árbore era o elemento máis importante das festas. Segundo a tradición había de ser plantado e coidado pola mesma familia que o decoraría ao chegar o solsticio. Se eles non o podían plantar ou non conseguiran que sobrevivise ao longo do ano, non o podían comprar, algunha persoa próxima ou familiar habíalles de regalar algún, xa que afacían plantar máis dun por se ao longo do ano,había algunha praga ou por se collía algunha enfermidade e morría. Esta árbore portábase ao interior da casa, espolvoreábase con fariña ou con outros condimentos, cortábase e botábase ao lume, no cal estaría a arder, como mínimo doce días que eran os que duraban as festas.
Os celtas distribuían o seu calendario festivo sobre as diversas celebracións e a máis importante para eles era o Yule, a cal lles marcaba o inicio dun novo ano.
E do mesmo xeito que hoxe na Relixión Católica se celebra o nacemento de Xesús o 25 de decembro, os Romanos celebraban o nacemento do Sol Natalis. Despois do día 25, empezaba o festival de Sigillaria. Unha tradición moi parecida ao nadal na que todos se daban agasallos coa pequena característica que só se podían regalar cousas de prata ou cousas recollidas na colleita en honra a Saturno (deus da colleita).
Durante estes días acendíanse velas para celebrar a volta da luz (igual que hoxe poñemos luceciñas), e engalanábanse as árbores. Pero os romanos só adornaban os que estaban plantados na terra. Tamén se decoraban as casas de verde, con elementos ornamentais naturais de todo tipo (hedras, acibros e outras plantas a modo decorativo).



page | by Dr. Radut