"PALABRAS FERMOSAS EN GALEGO"
Como ben sabedes, o 17 de maio celebramos a festividade das “Letras Galegas”. Este ano, a escritora homenaxeada é a cacereña María Victoria Moreno Márquez, importante docente e editora da nosa lingua.Entre outras propostas didácticas e dinamizadoras que se levarán a cabo, dende os Equipos docentes do centro, lanzamos a actividade “Palabras Fermosas en galego”.
A dinámica consiste en que cada neno escriba e decore na casa a palabra galega que máis lle guste.
O traballo presentarase en tamaño cuartilla (medio folio ou cartulina), poñendo pola parte de atrás do papel, “Por que me gusta esta palabra?”
O prazo de entrega destes traballos remata o luns día 14.
Todas as obras serán expostas no patio cuberto do centro durante a semana da nosa efeméride a prol da lingua.
Animádevos a participar!!
==============================
Velaquí deixamos o vídeo resumo da actividade!
MIl grazas a toda a comunidade educativa por participar.