Skip to Content

O PASTEL DE MANUEL

O mono non come coco,

nin papa nin polo nin queixo.

Tampouco come moco.

 

O mono non come contento,

quere comer pastel,

pero non o hai no convento,

nin na casa do coronel.

 

Como comerá pastel,

se non o hai en ningures,

o pobre mono Manuel?

 

Foi falar co pasteleiro:

-É que non queda fariña,

pero teño unha idea:

faino ti, corre, axiña!

 

Amorodo, chocolate,

ovos tona e fariña.

Botoulle incluso tomate!

E a prender a cociña!

 

Foi un éxito rotundo,

o delicioso pastel,

do feliz mono Manuel!

 



publicar | by Dr. Radut