Skip to Content

A águia real

Din as lendas, que un dia, no ano 1950, específicamente o 21 de Septembro, nunha casa, que xustamente era a casa dos meus avós, e bisavós, foi escoitado un pequeno berriño. Viña da cheminea. Era un polo de águia real, tiña unha pata astillada e unha á rota.

 

Meu avó, con 11 anos, colleuna, e tívoa con el. Ensinoulle a voar, a cazar, a todo, sempre estaba con ela, tanto cariño tiñan un polo outro que o animal aniñou nun carballo situado na leira de enfrente da casa.

 

Anos despois ao meu pai pasoulle o mesmo, encontrou unha aguia, criouna, e tívoa tamén con el. A águia, resulta que era filla do individuo que criara o méu meu avó, agora creo que me toca  a min ter unha porque xa teño os 11 anos.



page | by Dr. Radut