Skip to Content

DE INFANTIL A CUARTO DESCUBRINDO A "FADATEA"

O mércores 16 e o xoves 17 de novembro o alumnado de Infantil a cuarto de primaria achegáronse ao Centro Sociocultural da Ramallosa para asistires a un contacontos no que nos presentaron á fada Fadatea, nada en Teo e protectora agarimosa dos libros e á súa peor inimiga, a bruxa da Agrela, á que non lle gustaban nada os libros e andaba coa teima de destruílos.

Esta actividade foi promovida polo Concello e Cesáreo e máis David fixeron posible esta fermosa historia de animación á lectura  onde non faltaron as sombras , os debuxos e a narración oral.

Para ver as imaxes preme na foto.

 


page | by Dr. Radut