Skip to Content

4º Curso

Perigo vexetal

Durante o mes de marzo e abril o alumnado de 4º curso traballou no Club de lectura o libro do ourensán Ramón Caride, escritor de San Cristovo de Cea, titulado Perigo vexetal.

O libro é una novela de aventuras ecolóxicas ambientada entre o pasado e o futuro. Os seus protagonistas, Sheila e Said, buscan información sobre unha planta que acabará coa fame no mundo.

A lectura serviunos para introducirnos no traballo das plantas como seres vivos.

Fixemos un semilleiro na clase e despois plantamos as pequenas plantas producidas na nosa horta escolar.

Agora xa só nos resta coidala para que sexa produtiva!!

 

Horta escolar de 2º ciclo de educación primaria

Obradoiro de Saúde bocudental

O martes 25 de abril de 2023 o alumnado de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou este obradoiro, de saúde bucodental,  no que se traballaron os hábitos de saúde e alimentación axeitados como son o comer verduras, carne, peixe e reducir o consumo de lambetadas e bebidas con azucre.

Ao final, fixémolo tan ben que nos obsequiaron cun diploma e cun estoxo.

Apadriñamento lector. Día do libro 2023

O 25 de abril, como actividade do Día do libro, e dentro do tempo dedicado á Hora de ler, o alumnado do cursos de 4º, 5º e 6º de Ed.Primaria apadriñou ao alumnado máis cartivo do centro coa lectura de contos adaptados á idade destes últimos.

A actividade desenvolveuse nos espazos exteriores do centro: polideportivo, zona de xogos, patio infantil e entrada do centro.

O resultado da experiencia volveu a ser moi positivo xa que os lectores conseguiron que os seus afillados non deixaran de estar atentos ás historias que lles ían contando.

Xa estamos desexando realizar o próximo apadriñamento lector!!

 

 

Horta escolar 2023

No curso escolar 2022-2023, despois do éxito de cultivar a horta no CIFP Portovello e intentando que todo o alumnado do colexio poida plantar os seus produtos, decidimos facer 4 pequenas hortas.

Nas seguintes imaxes teredes acceso ao traballo desenvolvido neste curso:

EDUCACIÓN INFANTIL 1º CICLO
2º CICLO 3º CICLO
CIFP PORTOVELLO  
 

Aquí deixamos como deseñamos e construímos a nosa horta con 4 parcelas para que todo o alumnado poida cultivar diversos produtos dentro dunha economía sostible.

Os pasos que demos foron os seguintes:

DESEÑO

  • Buscamos o lugar máis soleado e máis resgardado para que o cultivo sexa o máis produtivo posible.
  • Pensamos e deseñamos o tamaño e cantidade de bancais. Neste caso 4 bancais: 1 para o alumnado de Educación Infantil, 1 para o alumando de 1º e 2º de Educación Primaria, 1 para o alumando de 3º e 4º de Educación Primaria e 1 para o alumando de 5º e 6º de Educación Primaria. O tamaño é de 1 metro de ancho por 4 metros de longo e 0.25 metros de alto cun volume de 1 metro cúbico por bancal.  
  • Marcar o lugar con cordeis.

CONSTRUCIÓN

  • Retirada de herbas e facer rego para atopar o firme e así poder asentar o bloque.
  • Colocación do bloque.
  • Cubrir de terra para o cultivo.

Nas últimas semanas de abril o alumnado das diferentes aulas comezou a plantar na súa horta produtos como: leitugas, coles, cabazas, framboesas, pepinos, cenorias, tomates,...

Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, ademais de cultivar a nosa horta escolar, seguimos colaborando co mantemento da horta situado no CIFP Portovello.


 DEGUSTACIÓN DOS PRODUTOS DA NOSA HORTA


 

As tormentas do mes de maio e xuño fixeron estragos na nosa colleita.

Ti si que es un bo peixe

O 19 de abril realizamos na aula de psicomotricidade o  obradoiro Ti si que es un bo peixe, incluído dentro do programa aliméntate ben que vai percorrendo centros de nosa comunidade con diferentes actividades que dan a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar.

Esta actividade completarémola o próximo 11 de maio coa excursión ao porto de Vigo onde coñeceremos de primeira man este marabilloso mundo do mar e poderemos degustar algúns de ditos productos.


OBRADOIRO DE ED. INFANTIL E 1º DE ED. PRIMARIA



 OBRADOIRO DE 2º a 6º DE E. PRIMARIA


 

Ourencanto, V edición.

o 17 de abril participamos na xornada didáctica da quinta edición Ourencanto 2023, un proxecto consolidado en Galicia para achegar o mundo coral á mocidade ourensá de 8 a 18 anos.

O encontro desde ano se celebrouse o 14 e o 15 de abril no Conservatorio Profesional de Música, e o 16 no Auditorio Municipal de Ourense. Foron, un ano máis, unhas xornadas de participación e convivencia, rematadas cun gran concerto no Auditorio Municipal de Ourense baixo a direción artística do marabilloso director e compositor Josu Elberdin.

Acrosport 2022/2023

Como tódolos anos, nos niveis de 3º e 4º de educación primaria, dende a área de educación física, comezamos a práctica de ACROSPORT, deporte que combina acrobacia e coreografía. 

Ao alumnado encántalle e os resultados son moi vistosos como poderedes observar nas seguintes imaxes.

Disfrutádeo!

Fai clic ao teu bocata

O 13 de abril de 2023 realizamos no centro o obradoiro “Fai clic ao teu bocata” no que nos ensinaron as vantaxes e a importancia dunha dieta equilibrada.

A actividade dividiuse en dúas sesións. A primeira delas para o alumnado de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria e a segunda das quendas para o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria. Nestes dous obradoiros destacouse a importancia das conservas completando a formación con vídeos educativos e xogos didácticos.

Ao remate da sesión, todo o alumnado elaborou ao seu gusto o bocadillo saudable.

Estamos agardando poder repetir este obradoiro.

EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE EP

Galería de Ed. Prmaria

Visita da Policía Nacional

O 30 de abril visitounos unha patrulla da Policia Nacional de Ourense co obxectivo de pór en valor o traballo que están a realizar na nosa cidade.

Todo o alumnado do centro participou nesta activiade e puido observar in situ e, incluso, manipular os diferentes materiais e aparellos que a Policia Nacional emprega no seu traballo diario.

Foi unha experiencia moi positiva xa que se logrou mudar o pensamento xeralizado da maioría do alumnado que pensaba que o único traballo deste corpo de seguridade era perseguir ás persoas delincuentes.

Distribuir contido


by Dr. Radut