Skip to Content

As lavandeiras de noite

As Lavandeiras, segundo a mitoloxía, son mulleres vellas, de rostro seco e engurrado que viven nas fontes ou nos ríos. Poden verse de noite lavando. Se alguén pasa, invítano a retorcer a roupa. Se o camiñante acepta, ten que tratar de non retorcer a roupa no mesmo sentido que elas, pois, si o fai, as desgrazas sucederanse e ata se pode morrer. A roupa que lavan está manchada de sangue que nunca se borra. Crese que son espíritos de mulleres mortas no parto, das que abortaron, ou tamén de nenos mortos sen bautizar. O velas é de mal augurio.

As Lavandeiras son espíritos da mitoloxía galega, cántabra e asturiana. A diferenza das dúas últimas, nas lendas galegas, estes seres adoitan representarse como mulleres vellas co rostro engurrado, cabelos brancos e ollos avermellados e aterradores, vestidas con roupas negras, panos de varias cores e adornadas con diferentes colares e pulseiras. Nalgunhas ocasións adoitan cubrir os seus cabelos con chapeus amplos e grandes.

Adoitan durmir nas aciñeiras ou nas grutas dos bosques e aparecen nas noites de lúa chea, nas beiras dos ríos que se desbordan, onde lavan sabas manchadas de sangue que nunca desaparecen.

Óeselles moi a miúdo polo ruído que provocan as súas palas ao golpear a roupa e as súas desagradables voces. Dise que son as pantasmas das mulleres que morreron no parto ou que deixaron morrer aos seus fillos sen bautizar e que as sabas que están intentando lavar con tanto frenesí están manchadas do seu propio sangue, a dos seus fillos ou a de alguén que está próximo a morrer en vida.

As lendas din que si te atopas con algunha, esta invítache a que colabores no seu tétrico traballo. Non debes renunciar a súa proposición xa que si o fas, fatais desgrazas caerán sobre ti. Ademais debes ter coidado, xa que nunca, baixo ningún concepto, debes escorrer as sabas no mesmo sentido ao que o fai o espírito pois iso traerache mala sorte para sempre, incluso a morte. O único modo coñecido de liberarse destes seres é pasar onda elas sen dirixirlle palabra algunha en canto as vexas. Se che falan estás perdido a non ser, claro, que colabores con elas.

É curioso que na mitoloxía de Bretaña tamén existan estes seres, os cales están condenados a lavar a roupa eternamente polos pecados cometidos en vida, e do mesmo xeito que na mitoloxía galega, adoitan suplicar aos camiñantes que lles axuden. A diferenza principal aquí estriba en que se accedes morrerás afogado.

Ata hai unha clara referencia na mitoloxía celta nas lendas de Cu Chulainn, nas que o seu bo amigo druída advírtelle antes de que entre en batalla de que hai unha lavandeira no río e que se acode a ese lugar morrerá. O heroe celta fai caso omiso facendo especial fincapé en que lle importa pouco que unha pantasma lave roupa ensanguentada; pouco despois morre nesa batalla quizais por despeito de tal funesto espírito.

 Traducido da web "Seres mitológicos gallegos".


RECURSOS EDUCATIVOS




page | by Dr. Radut