Skip to Content

Solicitude de axuda para material escolar

Material escolarA Consellería de Educación convocou, con data de 1 de setembro, axudas para adquisición de material escolar para o alumnado matriculado nas ensinanzas obrigatorias. No noso centro só afecta ao alumnado matriculado en Educación Primaria, queda excluído o alumnado de Educación Infantil.

O importe das axudas por cada fillo será de 50 euros, sempre que a renda per cápita da unidade familiar sexa igual ou inferior a 5400 euros anuais.

O procedemento de solicitude é moi similar ao seguido na axuda para libros do mes de xuño.

Prazo de presentación é desde o 2 de setembro ata o 1 de outubro.

Orde que regula o procedemento, nela poden descargar a instancia de solicitude.

Máis información sobre o procedemento.

Descargar impreso de solicitude.

 



page | by Dr. Radut