Skip to Content

Día Mundial dos Dereitos do Consumidor

O Día Mundial dos Dereitos do Consumidor é o día no que os consumidores reflexionamos e organizamos actividades reivindicativas para seguir avanzando, para conseguir os nosos dereitos na sociedade.

Desde que se celebrou por primeira vez no ano 1983 a nivel mundial, o 15 de marzo, é un día no que os cidadáns reivindicamos os nosos dereitos como consumidores.

En 1985 aprobáronse as Directrices de Nacións Unidas sobre Protección do Consumidor, estas foron revisadas en 1999 e 2015.



book | by Dr. Radut