Skip to Content

Pasos para elaborar unha nova

NovasEstes son os pasos que hai que seguir para elaborar unha nova para un xornal:

  • ORGANIZACIÓN.

    O primeiro que hai que facer é repartir as tarefas a realizar entre o equipo de xornalistas.

  • DOCUMENTACIÓN.

    Unha vez organizados teremos que buscar documentación sobre o tema a tratar: antecedentes, imaxes, noticias relacionadas, etc. Han de ser ordenados e ter boa capacidade de síntese.

  • INVESTIGACIÓN.

    No proceso de investigación deberemos obter os datos precisos para poder redactar a nova, responderán, cando menos, as seguintes cuestións: que, quen, onde, cando, como e por que. Deberemos ser quen de elaborar unha serie de conclusións segundo os datos obtidos.

  • REDACCIÓN.

    Cando teñamos os datos precisos escribiremos a noticia, segundo os criterios apropiados para un texto periodísitico informativo ou de opinión. Teremos presente todo o traballo anterior. Os traballos teñen que ser creativos e orixinais.

  • EDICIÓN.

    Unha vez redactada a noticia, darémoslle a forma axeitada para que apareza no xornal, incluíndo imaxes, pé de imaxes, tipografía, presentación do texto, etc. Terá unha boa organización espacial e un bo nivel plástico.

 



book | by Dr. Radut